MOS
Xuventudes Socialistas de Galicia presentan en Mos a súa campaña “Faino con Pedro”
As mozas e mozos da organización xuvenil saen as rúas galegas co colchón da Moncloa para animar a mocidade a sumarse o proxecto socialista que logrou un cambio nas políticas do goberno que chegou ata os colchóns
Aitor Bouza secretario xeral das xuventudes socialistas de Galicia defende en Mos as políticas que se están a tomar no goberno de Pedro Sánchez e anima a mocidade a que se sumen “por construír un España na que cabemos todas e todos, unha España socialista, feminista, ecoloxista e na que os mozos e mozas sexan o punto fundamental da política. Por iso agora máis que nunca queremos que nos acompañen nesta nova andaina, xunto co colchón que significa esa primeira medida e que continuará grazas a que Pedro Sánchez seguirá sendo o presidente do goberno” manifestou Bouza.
Xunto con Victoria Alonso candidata do PSdeG a alcaldía de Mos, o secretario xeral das xuventudes socialistas de Mos Alejandro Figueroa, militantes e simpatizantes da organización xuvenil. Presentaron esta nova campaña en Puxeiros onde animaron a mocidade mosense a “facelo con Pedro, sumarse na loita en contra das políticas da dereita”.
Bouza manifesta “o proxecto de Pedro Sánchez aquí en Mos é o proxecto de Victoria Alonso. Coa chegada de Pedro Sánchez a Moncloa, milleiros de mozas e mozos volveron ter unha esperanza no seu pais, volveron ter esperanza na política. Por iso hoxe queremos defender aquí esas políticas socialistas, temos que decidir que España queremos, que Galicia queremos e que Mos queremos. Temos dúas opcións, unha España, unha Galicia que vai cara atrás que retrocede, que ten propostas trasnoitadas e provocadoras para ir en contra dos dereitos das persoas, e a outra España, a socialista, que é unha España plural e aberta.
Xustamente iso é o que queremos dicirlle a mocidade, que se sume ó noso proxecto, un proxecto integrador, plural e feminista. Que mellor mostra do bo proxecto que temos que este en Mos, con unha candidata que esta na rúa, que esta escoitando a todos os mozos e mozas, a toda a cidadanía. Este é o símbolo de este colchón, un cambio na política, un cambio das formas de facer política, a maneira de airear esas prácticas noxentas que vimos no pasado. Pero queremos alertar a mocidade a que non se confíen, xa sabemos que a dereita da por gañador a Pedro Sánchez coma vindeiro presidente do goberno, pero non esta todo feito, queda moito por loitar, por que so hai que escoitar a dereita máis rancia deste pais e a ultra dereita que apoia Núñez Feijoo en Galicia. Por iso queremos animar a toda a mocidade que saian a votar o vindeiro 28 de Abril.
Despois toca un cambio aquí en Mos, este aire fresco que lle deu Pedro Sánchez a Moncloa que reverteu todos eses dereitos as persoas, vaino conseguir Victoria Alonso aquí en Mos, por que vai cambiar a política, vai darlle a volta completamente as políticas que se fan aquí. Que mellor representación que este colchón que significará o colchón do progreso que se van impor tamén neste concello, por iso que si puxésemos de exemplo este concello teriamos que traer un colchón o dobre de grande, xa que as inxustizas que hai neste concello son aínda maiores. E xa se falamos da débeda de este concello, non nos chegarían nin dous, nin tres colchóns por culpa da mala xestión que se fai. Por iso queremos animar as mozas e mozos de Mos a que se sumen ó proxecto de Victoria Alonso, ó proxecto socialista por que será a esperanza e o futuro para todos e todas.”
Victoria Alonso mostra a situación que se esta a sufrir no concello de Mos e declara “ este concello con Nidia Arévalo como alcaldesa é un exemplo como era España co presidente Mariano Rajoy de goberno viciado polo poder. A mala xestión que esta provocando unha débeda que non permite o avance do concello, a especulación urbanística, as poucas inversións en servizos sociais e a pouca inversión en xuventude son a súa sinal de identidade. Quero facer o mesmo que fixo Pedro Sánchez na Moncloa, quero cambiar o colchón. Temos que darlle unha volta o concello, máis inversións para os veciños e veciñas, apoiar os máis mozos e mozas para que poidan quedar a vivir e traballar en Mos, apoiar as AMPAS, xa que a día de hoxe non teñen ningunha contribución nos presupostos municipais. Quero mudar esas políticas, traballando en esa dirección é onde nos atoparedes despois de Maio se conseguimos o apoio para gobernar. Faremos participes a todas as veciñas e veciños, as mozas e mozos para traballar conxuntamente e lograr un Mos máis inclusivo un Mos para todos e todas.”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159