PONTEAREAS
A Banda de Xinzo pechou 2018 cun balance económico positivo de 54.000 euros
O presuposto para este ano 2019 ascende a 74.200 euros
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas) celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria o pasado sábado 23 de marzo, no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo. Nela aprobáronse, entre outras cuestións, o balance económico do pasado ano 2018 cun importe positivo de 54.000 euros, e o orzamento deste ano 2019 que ascende a 74.200 euros.
No apartado de ingresos de 2018, destacan as achegas da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Ponteareas, que en total suman 29.500 euros. Ademais de 27.000 euros pola realización de diferentes concertos ao longo do pasado ano.
A Tesoureira, Silvia F. Táboas, tamén remarcou que para este ano 2019, os importes máis destacados no orzamento de gastos, son a partida de 21.350 euros para a Escola de Música, 6.000 euros para as obras de mellora nas instalacións da Asociación situadas no propio Centro Cultural Xinzo, ou 16.000 euros destinados para a compra de instrumentos.
Apoio unánime dos socios á xestión da actual Xunta Directiva da Asociación
Con respecto á actividade da Asociación, a Xunta Directiva da Banda de Xinzo, informou de que neste ano 2019 daráselle un impulso á Coral Cantares de Xinzo, sen esquecer a continuidade de accións para unha mellor organización e funcionamento da Escola de Música. Con respecto á propia Banda de Música Xuvenil de Xinzo, confirmouse a súa volta á competición bandística galega, coa participación no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares que se celebrará no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) durante os días 2 e 3 de novembro. Organizarase o XV Festival de Bandas de Xinzo que se celebrará o próximo 5 de maio, e que servirá como estrea absoluta de diversas composicións tradicionais galegas de Antonio Represas García (O Marreco), adaptadas para Banda polo compositor Pedro Lamas. Ademais, está prevista unha viaxe a Málaga entre os días 23 e 28 de xullo, que combinará música e lecer.
Todos os puntos da Asemblea foron aprobados por unanimidade, polo que o Presidente, Francisco J. Represas Carrera, quere agradecer en nome de toda a Xunta Directiva o apoio recibido por todos os socios durante todo este tempo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40