REDONDELA
López-Chaves prioriza "seguir impulsando o emprego entre a mocidade"
O representante autonómico emprazou ao alumnado a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda, mediante a formación, para acceder a un traballo”
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse onte ata o municipio pontevedrés de Redondela para felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa formación no Redemprega. Neste obradoiro de emprego, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello, formáronse 16 menores de 30 anos nas ramas de deseño gráfico e carpintería.
A Xunta mantén o seu compromiso cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais e actuais do tecido empresarial
Durante a clausura, o representante autonómico, acompañado polo alcalde Javier Bas, e o xefe territorial da carteira autonómica, Ignacio Rial, puxo en valor o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. Neste sentido, emprazou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda, mediante a formación, para acceder a un posto de traballo”.
En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91