Mos
A xuventude mosense mellora o seu Concello mentres se forma
    
    Os 16 participantes o Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade II melloraron preto dunha decena de zonas do municipio e programaron unha app municipal para que a veciñanza poida interactual en tempo real coa administración local
	
        Esta mañá clausurouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos o Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade II, destinado a xoves menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil.
 
Ademais do equipo docente e os 16 alumnos/as traballadores/as do obradoiro, estiveron presentes na clausura o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, o xefe territorial da consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial Santomé, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto.
 
![[Img #51677]](https://xornal21.com/upload/images/03_2019/3412_cdl_4.jpg)
 
Os 16 beneficiarios/as do Obradoiro de Emprego, 15 mosenses e 1 porriñés, recibiron hoxe os seus diplomas de especialización en carpintería ou tecnoloxía e programación web. Os participantes na especialidade de carpintería foron 8 mozos (6 homes e 2 mulleres), que melloraron un total de 8 áreas de esparcemento do municipio mediante o arranxo dun cubrecontedor en San Amaro (Petelos), a fabricación e colocación de bancos na Avenida de Sanguiñeda e Rans (Tameiga), a fabricación e colocación de bancos no merendeiro en Costoias (Tameiga), o arranxo de barandas e elementos de madeira no parque de Cela, a construción e instalación dun porche cuberto en Costoias (Tameiga), o arranxo de tapas de persianas e fabricación de mobles para a Escola Infantil de A Porteliña (Petelos) e a construción e colocación de papeleiras e arranxos no Paseo do Louro.
 
Os participantes na especialidade de tecnoloxía e programación web foron outros 8 mozos (7 homes e 1 muller) que crearon unha app móbil que substituirá á actual “BANDOMOVIL” evitando os custes da empresa de soporte desta plataforma.
 
![[Img #51676]](https://xornal21.com/upload/images/03_2019/8389_cdl_2.jpg)
 
A aplicación para teléfonos móbiles programada por estes rapaces é municipal, o que non implica custes de contrato con ningunha empresa, e funciona do mesmo xeito que a app posta en marcha en xuño do ano pasado chamada “Mos Informa-BANDOMOVIL”.
 
Trátase dunha ferramenta que permite que os/as seus/súas usuarios/as estean informados/as as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello. Á a súa vez, esta ferramenta dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipais, de modo que os/as veciños/as usuarios/as da mesma poidan enviar comunicacións sobre a caída dun arbol, mal estado de beirarrúas, molestias por ruídos, etc.,… Así como propostas de mellora que queiran facer e ademais recibirán todo tipo de información de calquera evento de interese para toda a veciñanza.
 
Trátase dunha ferramenta que promove a interactividade entre a administración local e o seus habitantes mediante información, interacción e servizo en tempo real. É unha aplicación válida para smartphones que permite á veciñanza recibir información local en tempo real e poder interactuar co Concello comunicando incidencias ou remitindo suxestións.
 
![[Img #51674]](https://xornal21.com/upload/images/03_2019/3933_cdl_03.jpg)
 
No acto de clausura, o delegado da Xunta de Galicia, Ignacio López-Chaves, animou aos 16 menores de 30 anos que nos últimos seis meses recibiron formación nas ramas de carpintería e deseño web, a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou” e a seguir mellorando a súa cualificación para acceder a un posto de traballo.
 
Tras resaltar o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, dirixiuse á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para pór en valor a importancia da colaboración entre as administracións públicas na procura de emprego de calidade, formación, capacitación e orientación laboral.  
 
López-Chaves reafirmou así o compromiso da Xunta cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais e actuais do tecido empresarial e, respecto a xuventude, comprometeuse a seguir impulsando o emprego entre a mocidade, “un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.
        
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170