MOS
O BNG de Mos alerta sobre as carencias da senda peonil entre Torroso e Petelos
As obras para a construción da senda peonil entre Torroso e Petelos entraron xa na súa fase final e dende o BNG de Mos denuncian "que o resultado non vai supoñer unha mellora significativa para a seguridade dos peóns. A anchura da vía, que é de seis metros chegando excepcionalmente aos sete nalgún punto, non permite que dous autobuses poidan cruzarse con seguridade e por ela circula cada día o servizo de transporte escolar cara o CEIP de Petelos e o IES de Mos".
O portavoz nacionalista no concello, Miguel Aldea, lamenta que "o goberno do PP non atendera as demandas para mellorar a seguridade viaria na zona. Cando se anunciou o proxecto, o grupo municipal do BNG pediu que se aproveitaran as obras para mellorar a seguridade viaria na zona, pero a solicitude non foi escoitada". “As cousas boas que se poden facer quedan sempre a medias por falla de valentía política ou por falla de miras de futuro e progreso”, indica Aldea.
A vía na que se está actuando é empregada por un gran número de persoas que se desprazan cada día aos centros educativos, pero tamén ao Multiúsos das Pozas, o Pavillón Óscar Pereiro e a piscina municipal. O portavoz do BNG sinala que, “salvo unha pequena actuación nunha curva, o trazado segue a ser o mesmo que había antes” e ademais, advirte de que "a anchura proxectada para a vía non cumpre nin sequera co mínimo marcado no Plan Xeral recentemente aprobado".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126