Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 28 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Sete alumnas e alumnos de centros pontevedreses participan nas Olimpíadas de FP

Outra estudante tomará parte nas demostracións

Un total de sete alumnas e alumnos de centros educativos pontevedreses compiten dende onte nas olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid. En total a nosa Comunidade participa nun total de 26 das 31 skills en competición.

 

Cómpre sinalar que ademais destes participantes na competición oficial, unha alumna do CIFP Carlos Oroza, Paula Domínguez Muradás, tomará parte na demostración que se realizará nas Spainskills na modalidade de Recepción Hoteleira. Así mesmo, unha profesora do CIFP Carlos Oroza, Mª Pilar Novelle González, participa nestas olimpíadas como expertos no xurado das competicións por skills.

 

A relación de participantes de centros da provincia nas skills é a seguinte:

COMPETICIÓN

CENTRO PARTICIPANTE

ALUMNO

TITOR 

 

Carpintaría

IES Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño)

Jonathan Jose Alfaya Araujo

José Luis González Álvarez

Xardinaría paisaxística

IES Montecelo (Pontevedra)

Alberto Martínez Garrido Adrián Darriba Bello

Eliseo Castro Iglesias

CNC Fresado

IES Politécnico de Vigo (Vigo)

David Ucha Pérez

Javier Fondevila Blanco

Peiteado

IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Irene Galbán Rodríguez

Ana Mª Varela Pena

Estética

IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Laura Abilleira Castro

Mª Antonieta Fernández Justo

Servizo de restaurante e bar

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Andrés Salgueiro Troitiño

José Ramón Garrido Cousillas 

 

O obxectivo das olimpíadas de FP é amosar a capacitación dos estudantes destas ensinanzas nun escaparate que sirve como lugar de encontro de institucións e empresas.

 

As Spainskills celébranse cada dous anos e conta con representación de todas as comunidades autónomas. Os gañadores de medalla de ouro nesta competición representarán a España en Worldskills Kazan 2019 (Rusia) e en Euroskills Graz 2020 (Alemaña).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.