Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 28 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

López-Chaves recorda ao alumnado do Porriño a ligazón entre formación e oportunidades laborais

O representante autonómico clausurou no municipio pontevedrés o obradoiro de emprego no que se formaron 16 mozos e mozas en atención sociosanitaria

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse onte ata o municipio pontevedrés do Porriño para felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa formación no Porriño Social, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello porriñés.

 

No acto de clausura, o representante autonómico animou aos 16 menores de 30 anos que nos últimos seis meses recibiron formación en atención sociosanitaria a persoas con dependencia, a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou” e a seguir mellorando a súa cualificación para acceder a un posto de traballo. Ao fío, recordou que os obradoiros de emprego permiten, ademais, aos participantes recibir un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

 

 

 

 

Emprazou aos participantes do taller a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou”  e a seguir mellorando a súa capacitación para acceder a un traballo

 

 

 

 

Tras resaltar o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, dirixiuse á alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre, para pór en valor a importancia da colaboración entre as administracións públicas na procura de emprego de calidade, formación, capacitación e orientación laboral.   

 

López-Chaves reafirmou así o compromiso da Xunta cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais e actuais do tecido empresarial e, respecto a xuventude, comprometeuse a seguir impulsando o emprego entre a mocidade, “un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.