Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Belén Villar anuncia a posta en marcha de medidas para incrementar a seguridade no municipio

Entre outras accións a desenvolver, promete, convocar as prazas de Policía Local necesarias, que agora se están a cubrir con auxiliares, con competencias limitadas

A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, esta semana, outra das propostas incluídas no seu programa electoral. “Hoxe presentamos unha que creo que é máis que necesaria e que o tripartito non foi quen de resolvela. Estoume a referir a situación da seguridade no municipio. O goberno actual, neste tema, nin está nin se lle espera, por iso é necesario tomar cartas neste asunto. A seguridade é unha prioridade para min”, afirmou Belén Villar.


Así, entre as medidas presentadas polo Partido Popular están as seguintes: Convocar as prazas de Policía Local necesarias (6 por turno, 5 policías e un cabo), que agora estanse a cubrir con auxiliares, con competencias limitadas: Crear ademáis un grupo especial de vixilancia tanto no casco urbán como as parroquias, coa fin de protexer, vixiar e previr actos vandálicos e delictivos, así como contaminación do medioambiente e incendios forestais; Actualizarase o Plan de Emerxencias Municipal; Impartir obradoiros de seguridade polo centro urbán e as parroquias dando participación aos veciños; Crear un plan específico de seguridade do comercio, xa que este colectivo é un dos máis prexudicados. Involucraremos á Policía Local e aos comerciantes para que xuntos poidan facer fronte a este problema; Facer unha avaliación permanente dos resultados e da situación actual de seguridade; Potenciar a Protección Civil, proporcionándolle roupa de acordo coa normativa aos voluntarios, a formación externa e interna, así como os materiais e vehículos para desenvolver o seu traballo de xeito profesional; Impulsar a cultura preventiva nos fogares, escolas e centros culturais, así como a educación de primeiros auxilios; Durante o verán, instalación dun posto de primeiros auxilios na praia de Freixa; Apoio e fomento do voluntariado; Reforzo da colaboración con outras administracións ou a Mellora de infraestruturas e medios materiais.

 

Bombeiros

 

En canto ao Servizo de Bombeiros propón: Aumentar en dous bombeiros máis por turno; Ponteareas ten unha parroquia declarada ZAR (Zona de Alto Risco de Incendio). Pediremos á Xunta de Galicia ou proporcionaremos ao noso concello, unha brigada específica de bombeiros forestais para a prevención, vixilancia e loita de incendios forestais, en época de alto risco de incendios e dotar dun camión autobomba forestal

 

Belén Villar explicou que “temos que marcarnos como obxectivo que os nosos veciños se sintan seguros e tranquilos e por iso a seguridade será unha das nosas prioridades”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.