Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 28 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Heredeiros da Crus estarán en Rock in Rio Tea

Por vez primeira esta histórica banda de rock en galego actuará en Ponteareas o 20 de xullo

A organización da sétima edición do Rock in Río Tea presentou ao grupo cabeza de cartaz do mellor festival de rock gratuíto. Financiado polo concello de Ponteareas, Heredeiros da Crus será o prato forte deste encontro co rock no que todos serán primeiros pratos cargados de ritmo de guitarra, baixos e baterías.

 

O sábado 20 de xullo na Feira Vella e totalmente de balde cita co rock galego máis importante da historia. A propietaria de ducias de himnos gravados a lume nunha xeración de galegos e galegas nunca antes tiña pisado un escenario en Ponteareas.

 

“Un feito incomprensible, unha anomalía histórica, case unha afronta para o Rock in Río Tea, que este ano corrixiremos. Porque ademais os Heredeiros están moi en forma, e arrasan nos festivais máis importantes, convertindo cada concerto nun acontecemento único, nunha festa total que consigue poñer a todo o público do revés, debuxándolles un sorriso que dura días. Unha festa que non sería posible sen a colaboración do Concello de Ponteareas que segue a apostar polo Rock and Roll”, explican os organizadores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.