MOS
Alumnado do IES de Mos coñece en profundidade o río Louro
A través dunha saída polo paseo do Louro estudan a flora e a fauna deste hábitat natural mosense
O alumnado de 4º curso da ESO do IES de Mos participou esta mañá, dentro do programa municipal de actividades educativas en horario lectivo, nunha saída polo sendeiro do río Louro.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar entre os escolares o coñecemento dos recursos naturais que hai no seu propio Concello ao tempo que se lles ofrece unha educación ambiental.
Neste percorrido didáctico os participantes puideron coñecer de forma directa os distintos elementos que forman a fauna e a flora do hábitat natural do río Louro ao tempo que se fomenta neles hábitos de coidado da natureza e o interese por ela.
A actividade consistiu nun percorrido polo paseo do río Louro (partindo do parque da Pesqueira) dunha duración de hora e media aproximadamente. O alumnado puido coñecer así as distintas especies que abondan polo río.
Contouse co acompañamento da profesora de bioloxía que foi explicando os distintos elementos naturais e os rapaces recibiron tamén a visita, durante a saída, da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116