Martes, 04 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 28 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A violencia de xénero na educación e na discapacidade centrou a mesa celebrada en Mos

A necesidade dun protocolo de actuación para casos concretos e da formación constante do persoal especializado neste tema foron outros dos puntos clave abordados esta mañá

Onte celebrouse no Pazo de Mos a Mesa local contra a violencia de xénero na que participaron o Secretario territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ramón Pereiro Santín, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a Xefa do departamento de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Vilaboy Romero, representantes da Garda Civil entre os que se atopaba o sarxento Juan Antonio López, representantes da Policía Local de Mos entre os que se atopaba o xefe da Policía, Gerardo Álvarez, a directora da Casa de Acollida de Vigo, Elena Molanés, representación do IES de Mos, representantes do Centro de Saúde de Mos, representantes de EVD Galicia, representantes de AEMOS, o equipo de traballadoras do departamento municipal de Política Social e o equipo de traballadoras do CIM de Mos.

 

Desta mesa de traballo, a primeira na que participa representación da comunidade educativa mosense a través do IES –algo que se considera importantísimo dende o Centro de Información á Muller de Mos- surxiu a decisión de crear outras dúas sub-mesas de traballo moi especializadas á vez que necesarias. Unha é unha mesa centrada no traballo cos centros educativos de Mos na que se integren tanto o Instituto como os demais centros e na que participen tanto dirección como profesorado, orientadores e ANPAs. E a outra é unha mesa centrada na creación dun protocolo específico a seguir nun caso de violencia de xénero que estableza os pasos e pautas a seguir en todo momento.

 

Ademais hoxe abordouse tamén a necesidade da constante formación do persoal profesional que traballa habitualmente con casos de violencia de xénero. Deste xeito acordouse a solicitude, a través de diferentes administracións, do acceso a diversas accións formativas en materias xurídica e psicolóxica para as traballadoras do CIM de Mos.

 

Tamén en materia de formación decidiuse, por último, emprender iniciativas educacionais sobre violencia de xénero e discapacidade para tratar de previr, paliar e erradicar as situacións de violencia sobre o colectivo das persoas con discapacidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.