Martes, 04 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 29 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

AECC Mos organiza unha andaina solidaria

Será o vindeiro domingo pola mañá polo Sendeiro do Río Louro

A Xunta Local de Mos da Asociación Española contra o Cancro presentou esta semana nos exteriores do Multiusos das Pozas xunto coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a I Andaina Solidaria polo Sendeiro do Río Louro.


A andaina levarase a cabo o vindeiro domingo, día 31 de marzo, con saída dende o Pazo de Mos ás 10.30 horas da mañá. A inscrición ten un custe de 5 euros por persoa e con ela cada participante recibirá unha bolsa con auga, froita e un doce.


Para anotarse os interesados poden dirixirse presencialmente á Piscina Municipal ou chamar ao teléfono 986 33 40 70 e/ou ao Multiusos tamén presencialmente ou por teléfono no número 986 33 94 04.


O percorrido a realizar o domingo terá unha lonxitude de 5 quilómetros de nivel fácil apto para familias, nenos e mascotas.


Para obter máis información sobre a actividade poden dirixirse tamén ao teléfono 697 484 529.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.