Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 30 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Unha gran marcha cicloturista de alumnos tomaron as rúas de Nigrán e Baiona

O Concello de Nigrán colaborou un ano máis na marcha cicloturista da comunidade educativa do CEIP Humberto Juanes que este centro organiza cada ano coincidindo coa presencia dos alumnos de intercambio de Manchester. Un total de 140 nenos e nenas protagonizaron o percorrido en bici dende Nigrán a Baiona escoltados por sendas policías locais e coa colaboración do Club Ciclista Rías Baixas. O Centro Juan María tamén estivo presente grazas as bicicletas adaptadas mercadas polo Concello de Nigrán para o uso de persoas con diversidade funcional. Trátase do quinceavo ano que se realiza o intercambio escolar e o cuarto consecutivo no que se fai a marcha cicloturista, na que participan os alumnos de 5º e 6º.

 

Os alumnos ingleses coas súas familias chegaron a Nigrán o martes 26 e permanecerán ata o martes 2, neste tempo, ademais da marcha cicloturista, terán actividades como vela no Monte Real de Baiona, excursión ás illas Cíes...

 

"Son tres centros educativos de Nigrán que teñen intercambios con alumnos de Manchester, o que implica que o noso municipio é un sitio de referencia para esta cidade, así que o intercambio é algo moi positivo dende o punto de vista educativo, pero sen dúbida tamén dende o punto de vista da nosa promoción exterior", destaca o alcalde, Juan González, quen tamén fixo unha parte do traxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.