GALICIA
Galicia aproba 2.617 prazas de emprego público, un 18% máis que en 2018
Feijóo destaca que se cumpre o compromiso de aprobar as ofertas de emprego público no primeiro trimestre do ano e que, entre todas, alcánzase a cifra máis alta desde 2008, con 6.004 prazas
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do decreto de Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para o 2019 con 2.617 prazas. “Un 18% máis que a convocatoria de 2018”, aseverou, destacando que Galicia cumpre así “o compromiso de aprobar as ofertas de emprego público no primeiro trimestre do ano” e que no ano 2019 a oferta de emprego público sanitaria, educativa e da administración xeral é de 6.004 prazas.
Logo de precisar que “outro ano máis utilizamos o 100% da autorización da Lei Básica de Presupostos do Estado para a OPE de Galicia”, Feijóo destacou que esta convocatoria inclúe 1.543 prazas de acceso libre –un 7% máis que en 2018-, 227 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, coas que poderán acceder a postos de maior responsabilidade e retribución, e 847 para a funcionarización do persoal laboral fixo.
Con esta nova oferta, aprobada tras recibir o voto favorable na mesa de negociación de CC.OO e UXT e que, os vindeiros días publicarase no DOG, a Xunta segue no camiño de conseguir 3 obxectivos: garantir que calquera persoa que cumpra cos requisitos poida opositar para traballar na Xunta, garantir o dereito á promoción interna dos empregados públicos e avanzar no primeiro gran movemento global de funcionarización do persoal laboral fixo, previsto no Estatuto Básico do Empregado Público.
Destaca que “outro ano máis utilizamos o 100% da autorización da Lei Básica de Presupostos do Estado para a OPE en Galicia”
O titular do Goberno galego destacou que as prazas de acceso libre concéntranse, na metade, no eido social con máis de 800, e que o 10,3% do acceso libre reservase para persoas con discapacidade, unha reserva maior do que establece a lei, un 7%.
“Conseguimos estar entre as comunidades autónomas con menor taxa de temporalidade, situándonos no entorno do 7%, e en Sanidade do 5%”, indicou, destacando que con este decreto a Xunta aposta pola estabilidade: “xa temos ofertado 13.764 das 15.000 prazas de acceso libre que firmamos con sindicatos para executar no período 2017-2020”, polo que Galicia cumpriu o 92% do obxectivo un ano antes do previsto.
A maiores recordou tamén que se ofertan 9 prazas para persoal funcionarial sanitario, que se concretan en prazas de inspector médico, inspector farmacéutico, inspector farmacéutico de saúde pública, subinspector sanitario e ATS/DUE.
Feijóo salientou que a aposta polo emprego público estable incidindo en que desde 2009 fixéronse ofertas pública de emprego que conxuntamente suman 25.417 prazas. E concluíu destacando que “estamos cumprindo a nosa obriga, superando o acordo sindical, estamos superando a porcentaxe de prazas que se dedican a persoas con discapacidade e nos imos a situar na comunidade autónoma con menor porcentaxe de temporalidade e, en consecuencia, con maior porcentaxe de estabilidade dos empregados públicos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11