Martes, 04 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 29 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello desbrozará todos os camiños municipais

Este plan anual de limpeza de cunetas e marxes de viais iniciouse o pasado luns e atópase actuando nas parroquias de Tameiga e Dornelas

O Concello de Mos inviste 100.000 euros en limpar todas as cunetas e marxes dos camiños municipais nas 10 parroquias mosenses durante 3 meses. Os traballos iniciáronse o pasado luns e a empresa adxudicataria, especializada no servizo, atópase actuando actualmente nas parroquias de Dornelas e Tameiga.
Este plan municipal de desbroce que se leva a cabo anualmente realízase mediante os medios mecánicos necesarios con carga en camión, con transporte de terra e material sobrante, e con operarios e medios auxiliares incluíndo sinalización.

 

O plan contempla incluso limpeza de canles pluviais e xestión de residuos.


    
O desbroce de marxes de estradas e camiños do Concello de Mos realízase mediante tractor desbrozador e desbrozadora manual con operarios e con transporte da terra vexetal e produtos resultantes a vertedoiro.

 

Todas as zonas quedarán completamente limpas unha vez realizado o traballo, retirando ao longo da mesma xornada todos os residuos xerados, os cales deberán ser xestionados adecuadamente.

 

O desbroce de taludes consistirá na limpeza da maleza, incluídos os arbustos, herbas, etc., nas marxes e taludes dos camiños e viais, por medios mecánicos (tractor-desbrozador) e manuais, con desbrozadoras manuais, e todos os accesorios e medidas de seguridade necesarias.

 

A limpeza de cunetas de camiños consiste na limpeza das marxes do camiño mediante extracción da terra, maleza, arbustos, herba, etc. dos bordes da plataforma nos camiños municipais. Estes traballos consistirán na limpeza e adecuación das cunetas ou gabias, extraendo os materiais que estean depositados, rasanteando as paredes e o fondo para conseguir unha boa evacuación da auga. A limpeza poderá facerse de forma mecánica ou manual.

 

Nestas operacións inclúese o vaciado de terras, pedras, maleza etc. de pozos, sumidoiros, reixas, canaletas, etc. así como dos seus sumidoiros. Utilizarase toda a maquinaria necesaria para eliminar os restos e cordóns de terras nas cunetas e marxes utilizando minicargadoras con implementos adecuados para cada caso. Limparanse así mesmo as embocaduras de drenaxe e canles pluviais mesmo augas arriba e augas abaixo das mesmas, mediante a retirada de obxectos e escombros, vexetación ou sedimentos que poidan dificultar o correcto funcionamento da obra de sumidoiros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.