Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 30 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Miguel Aldea será o número dous de Gustavo Barcia na lista do BNG

Mari Carme Vila, Cristina Represas e David Otero completan os cinco primeiros postos na lista para o 26 de maio

A asemblea local do BNG de Mos aprobou a designación de Miguel Aldea como número dous da lista para as próximas eleccións municipais, que encabezará Gustavo Barcia. O candidato á alcaldía considera que o actual portavoz no Concello “é un gran activo e no BNG non desbotamos a experiencia”. Defende, ademais, que Aldea foi durante os últimos oito anos, á fronte do Grupo Municipal, “a única oposición real ao desgoberno do PP”.

 

 

 

 

O auditorio do Pazo de Mos acollerá, o sábado 6 de abril, o acto oficial de presentación da candidatura

 

 

 

 

A lista para as municipais do próximo 26 de maio, proposta dende o Consello Local, contou co respaldo unánime da militancia. No primeiro tramo da candidatura, tralos nomes de Barcia e do propio Aldea, figurarán os de Mari Carme Vila, Cristina Represas e David Otero. Será, segundo o candidato á alcaldía, “unha lista con xente nova e xente con experiencia que vai representar ao conxunto da veciñanza”.

 

Presentación oficial o 6 de abril

O BNG desvelará a lista completa para as eleccións municipais o próximo sábado 6 de abril, nun acto aberto a toda a veciñanza que terá lugar no auditorio do Pazo de Mos. A presentación oficial da candidatura servirá, segundo Barcia, “para dar a coñecer o equipo que vai liderar o cambio no Concello”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.