Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 30 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
Mondariz Balneario

César Gil chama a abrir un tempo novo co BNG "para revitalizar Mondariz Balneario"

O candidato do BNG apela a recuperar a ilusión para mirar ao futuro con optimismo

O candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, presentou ante un cento de persoas as principais propostas do proxecto do Bloque para a localidade.


Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato destacou “o aval do traballo serio e rigoroso ao servizo da veciñanza que o BNG leva demostrando na vila dende hai décadas, que é fundamental para o cambio político que vivirá Mondariz Balneario dende o 26 de maio”.


César Gil asegurou contar cun equipo de persoas “coas ideas claras, con experiencia e capacidade para asumir o goberno local.” Segundo indicou o candidato á alcaldía, “temos ganas e ilusión, e co apoio das veciñas e veciños abriremos un tempo novo para revitalizar Mondariz Balneario e convertelo nun concello aberto e transparente, onde todas as persoas sexan tratadas por igual”.


O candidato do BNG apela a deixar atrás “o desastre e o abandono, e recuperar a ilusión para mirar ao futuro con optimismo”. “Queremos un Mondariz Balneario dinámico, que teña en conta aos nenos e aos maiores, con actividade sociocultural e emprego, con apoio ao comercio e hostalería, con mellores servizos e o noso patrimonio recuperado. En definitiva, traballaremos dende o goberno para pór en marcha iniciativas que rematen coa perda de poboación e fagan que o noso concello medre”, afirmou César Gil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.