PROVINCIA
Alfonso Rueda: "Presentamos unha lista plural, feita desde o consenso e con vocación de gobernar"
"Presentamos unha lista plural, feita desde o consenso frente ás liortas internas doutros partidos e con vocación de gobernar". Son palabras do presidente provincial do PP de Pintevedra, Alfonso Rueda, antes da foto de candidatos populares da provincia que concorrerán ao Congreso e ao Senado nas eleccións do 28 de abril. Un acto celebrado no Museo Meirande en Redondela.
Unha lista que aúna renovación e experiencia, ao mesmo tempo que redobra a súa aposta pola provincia salvaguardando a representación territorial. Unha lista, dixo en declaracións aos medios de comunicación, feita coas mellores mulleres e homes para defender os intereses da provincia en Madrid, na que figura xente con experiencia como Ana Pastor, Pilar Rojo ou Miguel Fidalgo, xunto a xente nova e con ilusión como o presidente de Novas Xeneracións, Diego Gago.
"É unha representación plural e con vocación de gobernar", indicou Rueda, lembrando que o PP gañou as eleccións xerais e autonómicas na provincia e tamén as municipais en moitos concellos."Saímos a gañar. O PP é a única alternstiva para os que non queren que goberne Pedro Sánchez", afirmou o presidente provincial, destacando que "é un luxo" contar con Ana Pastor como número un.
Pola súa banda, Ana Pastor amosou o seu agradecemento a Alfonso Rueda, ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e aos seus compañeiros de partido por confiar nela para encabezar unha vez mais a lista do PP de Pontevedra ao Congreso, algo que fai "coa mesma ou mais ilusión que a primeira vez".
"Todos os que integramos a lista queremos o mellor para a nosa terra. Galicia non e mais que ninguén pero tampouco menos que ninguén e vamos a loitar e a traballar por unha provincia que é o motor social e economico de Galicia desde a cercanía e co respaldo de todo o noso partido", rematou Ana Pastor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11