Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 01 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Visitas guiadas tecnolóxicas para os futuros profesionais porriñeses

Un total de 220 alumnos e alumnas dos centros docentes de Porriño van participar no programa “KidCode 2019” de obradoiros e visitas guiadas tecnolóxicas . A iniciativa parte da OMIX e pretende “axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades nese eido mediante ferramentas coma a programación, robótica, deseño, impresión 3D ou electrónica.


A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Porriño anuncia que levará a cabo este programa “KidCode2019” durante o mes de abril. De feito a partir deste luns 1 e martes 2, alumnos de Secundaria realizarán as primeiras visitas ás instalacions que a empresa colaboradora “KidCode” dispon en Vigo, para participar en obradoiros de diversas tecnologías durante tres horas.


No que atinxe ó alumnado dos colexios de Primaria, os obradoiros impartiranse nos propios centros docentes e dacordo o nivel dos rapaces. As materias serán tamén robótica, inteligencia artificial, deseño e impresión 3D, entre outras. As sesions de “KidCode 2019” nos colexios comezarán a partir do 12 de abril.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.