GALICIA
A Amtega licita a plataforma que permitirá a TVG ofrecer contidos dixitais
Esta licitación elaborouse tras as consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado a finais do ano 2018 por ambas entidades
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou a licitación para deseñar e implementar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá ás persoas máis novas experiencias dixitais formativas adaptadas aos hábitos de consumo actuais. É unha das iniciativas enmarcadas no Plan DicoMinset para impulsar o sector dos contidos dixitais en Galicia.
Esta licitación, cun importe superior a 1,3 millóns de euros, é o resultado das consultas preliminares ao mercado dentro do proceso de Compra Pública Innovadora lanzado a finais do ano 2018 por ambas entidades. Para a elaboración dos pregos examináronse as ideas achegadas polas 20 entidades (empresas e agrupacións de empresas) que participaron no proceso.
As empresas poderán presentar propostas ata o próximo 8 de abril. Nunha primeira fase, a Amtega seleccionará ás sete empresas que obteñan unha maior valoración para participar nun proceso de negociación. O procedemento con negociación constitúe unha das modalidades para a adxudicación dos contratos administrativos da nova lei de contratos e está ligado a prestación dun proxecto ou solucións innovadoras.
Tras efectuar consultas cos candidatos seleccionados e negociar as condicións do contrato, adxudicarase o mesmo á empresa que presente a mellor e máis innovadora oferta.
Contidos dixitais interactivos
Con esta iniciativa a televisión pública autonómica contará cunha plataforma que lle permitirá ofrecer contidos divulgativos de ámbito científico e tecnolóxico para rapaces en idade escolar.
Empregará técnicas de gamificación, Big Data ou Intelixencia Artificial, entre outras que permitirán analizar os comportamentos da audiencia e crear experiencias personalizadas.
Ademais, para mellorar a experiencia de usuario incorporaranse as segundas pantallas, así como a creación de contidos específicos baseados nas últimas tendencias tecnolóxicas como a realidade aumentada, realidade virtual, hologramas etc...
Plan DicoMindset
O Plan de impulso ao sector dos contidos dixitais, DicoMindset, que está a desenvolver a Amtega, en colaboración con distintas entidades do ámbito público (Igape, CRTVG, Agadic, etc.), e axentes do ámbito privado (Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras..) conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no período 2018-2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11