Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 08:35:02 horas

Xornal21.es
Martes, 02 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Tui presenta dous novos modelos de marquesiñas

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, presentou esta mañá dous novos modelos de marquesiñas para instalar nas parroquias e no centro urbano coas que dar solución ás carencias detectadas deste tipo de mobiliario urbano. Os obxectivos son dotar de uniformidade a este elemento ao tempo personalizalas co nome de cada parroquia.  O estudo Nam Arquitectos foi o responsable do deseño destas dúas novas marquesiñas, que segundo o exposto polo alcalde será xa a próxima corporación quen teña que contratar a súa realización e colocación.


Leandro Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos explicaron as características destas marquesiñas modulares. A pensada para o centro urbano terá unhas dimensións de 4x1,75 metros, ampliables até 8 metros, e cun custo entorno aos 8 mil euros.  Na mesma buscaron a transparencia para minimizar o impacto no entorno. A estrutura será de aceiro inoxidable a maior parte da superficie será en vidro de seguridade coa cuberta en panel estratificado. Nun dos laterais podería ter un panel de publicidade e iluminación led a través dunha placa fotovoltaica.


A marquesiñas para o ámbito rural terán unhas dimensións de 3x1,65m e un orzamento de 3.500€ unidade. Están baseadas nun deseño e construción simple con estrutura de aceiro galvanizado revestido por panel estratificado de alta presión hidrófugo, ignífugo e antigrafiti, que precisará un mínimo mantemento. O vidro que levará será de seguridade.  


Tanto as marquesiñas do centro urbano coma as das parroquias serán completamente accesibles, contemplando un oco para cadeiras de rodas, bancos e apoio isquiático.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.