GALICIA
A Xunta avoga pola cooperación entre administracións para incrementar o emprego
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou hoxe en Ourense aos alumnos e alumnas do programa integrado de emprego que desenvolve a Administración autonómica coa colaboración da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO)
Un cento de alumnos e alumnas están a participar no programa integrado de emprego que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou hoxe aos participantes que se están a formar como manipuladores de alimentos e en xestión de alérxenos alimentarios. Outros dos alumnos da iniciativa xa recibiron cualificación para poder traballar como operador de carretillas elevadoras e como operador de plataformas elevadoras móbiles de persoal. En total, forman parte do programa integrado de emprego un total de 100 desempregados dos que preto dun 30% xa acadaron un traballo.
Marnotes salientou o éxito deste programa que en edicións anteriores acadou unha porcentaxe de inserción laboral superior ao 70%. Ademais, destacou a importancia da cooperación entre administracións, concellos e o tecido empresarial para incrementar o emprego en Galicia.
A iniciativa, adaptada á demanda das empresas da contorna, tamén ofrece accións encamiñadas a avanzar no desenvolvemento persoal, social e laboral do alumnado e sesións de orientación laboral.
Os participantes están recibindo formación para poder traballar manipulando alimentos e en xestión de alérxenos alimentarios
Marnotes indicou a importancia da formación adaptada ás demandas do tecido empresarial e sinalou que obxectivo destes programas é incrementar as oportunidades laborais dos participantes. “É un proceso destinado a mellorar a situación social e laboral das persoas a través de distintas fases e cunha intervención de carácter personalizado”, engadiu. Así mesmo, puxo en valor os plans que combinen formación e prácticas para dar resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.
Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, salientou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11