GALICIA
Fabiola García súmase á demanda de Autismo Galicia e pide un plan de acción
A conselleira de Política Social participou hoxe no Parlamento de Galicia nos actos conmemorativos do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sumouse hoxe, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, á demanda das entidades sociais dun maior desenvolvemento da Estratexia Española de Trastorno do Espectro Autista (TEA). Fíxoo no Parlamento de Galicia con motivo do acto conmemorativo desta efeméride á que tamén asistiu o presidente da Cámara autonómica, Miguel Santalices.
Durante a intervención, Fabiola García sinalou que a estratexia de TEA é dun documento que converteu a España en pioneira a nivel europeo neste ámbito, polo que pediu ao Goberno central que aprobe un plan de acción para que esta sexa realmente útil. Nesta liña, destacou o traballo que se está a realizar en Galicia para que sexa máis acolledora para estas persoas, como por exemplo a instalación de pictogramas que xa fan máis accesible a sede central da Administración galega en San Caetano e en cada vez máis edificios públicos da nosa comunidade.
A pesar dos avances, a conselleira apuntou que aínda quedan barreiras por derrubar, xa que “o que limita a unha persoas non é a súa discapacidade senón os prexuízos alleos que se atopa no seu camiño”, dixo.
Café con Amicos
Logo deste acto institucional no Parlamento de Galicia, Fabiola García mantivo en San Caetano un encontro aberto con persoas con TEA que son usuarias da entidade Amicos Na actividade, José María, Adrián e Alfonso, deron a coñecer en primeira persoa todo o que rodea este síndrome, as dificultades sociais e laborais ás que teñen que enfrontarse e superar, así como os apoios que necesitan.
Fabiola García destacou a importancia deste tipo de eventos para dar máis visibilidade ás persoas con autismo e seguir sensibilizando á poboación en xeral sobre un trastorno que afecta a 1 de cada 100 nacementos, segundo datos da Confederación Autismo España.
Destaca o traballo que se está a facer en Galicia para que sexa máis acolledora e accesible para estas persoas, como a instalación de pictogramas en edificios públicos
Ademais, reafirmou o compromiso do Goberno galego coas persoas con Autismo e as súas familias, e afirmou que “canto mellor comprendamos o que é e o que significa o TEA mellor actuaremos na eliminación de barreiras e na construción dunha Galicia máis accesible”.
Exposición na Cidade da Cultura
Tamén neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, a Sala Eisenman da Cidade da Cultura acolleu este mediodía a inauguración da exposición “30 anos imaxinando futuro”, da asociación BATA. O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu ao acto de apertura desta mostra que se poderá ver ata o vindeiro 17 de abril.
De la Campa enxalzou o traballo que realizan as entidades sociais ao carón das persoas con TEA e todos os días do ano co obxectivo de mellorar a calidade de vida das mesmas. Ao respecto, garantiu o apoio da Xunta a este labor e destacou a importancia que teñen as familias nos programas de intervención con persoas con este trastorno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11