Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Jueves, 04 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A veciñanza de Ponteareas en loita contra a vespa velutina

A Asociación Galega de Apicultura informou das novidades en canto a técnicas e líquidos atraíntes

A veciñanza encheu o salón de plenos na reunión informativa para o control da praga da vespa velutina. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Medio Rural, Manolo Troncoso, valoraron moi positivamente este encontro no que veciños e veciñas coñeceron as novas técnicas para a captura de raíñas e as novas fórmulas melloradas de líquidos atraíntes.


Da man da Asociación Galega de Apicultura (AGA)  actualizaron os coñecementos para combater de xeito selectivo a captura de velutinas na primavera que ten como obxectivo reducir o número de  niños secundarios. O alcalde Xosé Represas lembrou  que é unha competencia da Xunta de Galicia que debe realizar un plan de acción para desenvolver en todo o territorio e destinar os medios precisos para a investigación e os fondos.


Troncoso e Represas agradecen a colaboración de todos os que na anterior campaña loitaron contra a vespa velutina e adiantan que continuarán adoptando as medidas precisas para frear o impacto desta praga ao mesmo tempo que esixen á Xunta de Galicia que asuma as súas responsabilidades e facilite aos concellos ferramentas e métodos para protexer as especies autóctonas e propias da zona fronte a esta especie invasora.


“Estamos a disposición da Xunta para colaborar pero son eles os que deben poñer os medios e os cartos para esta acción global que debe ser planificada e sustetanda na investigación”.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.