SALCEDA DE CASELAS
Xosé Manuel Suárez encabeza a candidatura do BNG en Salceda de Caselas
O Bloque confía na veteranía de Suárez para recuperar a presenza institucional
O BNG en Salceda de Caselas elixiu a Xosé Manuel Suárez Estévez para liderar a súa candidatura nas vindeiras eleccións municipais. O candidato conta con acreditada experiencia na política municipal de Salceda, xa que foi concelleiro do BNG dende o ano 1991 ao 2008, formando parte do goberno dende 2007 tras a vitoria do Bloque nas eleccións dese ano.
A formación asegura que “da constancia e do traballo de Xosé Manuel Suárez como concelleiro do BNG derivou o devalar do PP en Salceda, logrando así o feito histórico de desbancar do goberno salcedense ao Partido Popular, que mantiña o poder municipal nas súas mans dende trinta e un anos antes”.
Suárez, que no ano 2008 decidiu realizar unha pausa e manterse á marxe da actividade pública, mantivo nestes anos a súa militancia no BNG e a súa actividade social nas entidades sociais e culturais de Parderrubias, parroquia de onde é natural.
Tras a súa elección, o candidato do BNG á alcaldía afirma ser “consciente da responsabilidade que asumo ao dar este paso, pero co convencemento de que Salceda precisa un cambio á fronte do Concello”. Suárez sinala que “as e os salcedenses queremos servizos de calidade, tanto nas parroquias como no centro urbano, nas escolas infantís das parroquias e o Colexio Rural Agrupado, nos centros de ensino de primaria e secundaria, na biblioteca municipal con maiores servizos, vías de comunicación axeitadas locais e intercormarcais, mellora da mobilidade con maiores frecuencias no transporte público e saneamento completo do municipio, e non promesas de que se acabará non se sabe en cantos anos”.
Así mesmo, Suárez considera necesario “acometer a elaboración do Plan Urbanístico e promover a implantación de tecnoloxías de comunicación e información, acordes coa era dixital na que vivimos, facendo de Salceda un punto de referencia. En definitiva, abordar proxectos estratéxicos, con visión de futuro e longo prazo, que asente a identidade da Salceda de hoxe, cunha cidadanía orgullosa de vivir nunha localidade á vangarda das transformacións sociais”.
Xosé Manuel Suárez considera que “só cun goberno do BNG se garantirá o progreso e a calidade de vida en Salceda.” O candidato indica que para todo isto “é necesario un alcalde e un equipo comprometido con Salceda, con proxectos e ideas claras, firmeza e decisión no Goberno. “Un rexedor que respecte a veciñanza, escoite a súa opinión e plasme politicamente as súas demandas e necesidades”, concluíu Suárez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217