Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 04 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSdeG-PSOE de Salceda realiza xuntanzas cos diferentes colectivos da vila

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas  realizou durante toda a lexislatura un plan de traballo que consistiu en visitar as parroquias ano tras ano, levando a cabo xuntanzas para coñecer as inquedanzas da veciñanza e colectivos.  A situación de abandono e falta de comunicación do goberno municipal con esas entidades fixo que os socialistas sexan en Salceda o voceiro de moitos destes colectivos.


Estas xuntanzas danlle ós socialistas de Salceda "unha visión xeral dos problemas e inquedanzas da sociedade salcedense, polo que este traballo verase reflectido no programa electoral" que a Agrupación Local selas está a realizar de cara ás próximas eleccións municipais.


Por outra banda, nestes meses previos aos comicios locais os socialistas de Salceda están a realizar reunións sectoriais para continuar enriquecendo o programa electoral coas aportacións das entidades deportivas, musicais, sociais, ecoloxistas, culturais e comerciais do Concello.


Busca deste xeito o PSOE, ser un reflexo das demandas sociais do concello a través dun programa participativo e consensuado con toda a veciñanza.


A voceira socialista e candidata á alcaldía Verónica Tourón explica que “cremos na política de proximidade, e esa é a que levamos facendo durante toda a lexislatura, achegando a política municipal a toda a veciñanza”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.