Domingo, 05 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

“Éxito” para a música coral no primeiro Encontro de Corais de Xinzo

Participaron a Coral Santa María de Areas, a Coral Santa María de Pazos de Borbén, e a Coral Cantares de Xinzo

O pasado domingo 31 de marzo, a parroquia de Xinzo (Ponteareas) viviu outro importante acontecemento no ámbito musical e cultural. Nesta ocasión pola organización do I Encontro de Corais de Xinzo, no que participaron a Coral Santa María de Areas, a Coral Santa María de Pazos de Borbén, e a anfitrioa, a Coral Cantares de Xinzo.


O Auditorio do Centro Cultural de Xinzo encheuse con máis de 300 persoas para disfrutar da música coral. Segundo verbas do Presidente da Asociación, “unha das poucas iniciativas a nivel musical que lle faltaba á parroquia de Xinzo era a organización dun Festival de Corais, despois de que Xinzo contase dende fai un ano e medio coa súa propia Coral”.

 

 

 

 

Presentouse a Beatriz Gómez como a nova Directora da Coral Cantares de Xinzo

 

 

 


O Festival comezou coa actuación da Coral Santa María de Areas, dirixida por Mónica Viro, seguida pola Coral Santa María de Pazos de Borbén, dirixida por Sheila Calvar. A Coral Cantares de Xinzo pechou o Encontro ofrecendo diferentes estilos de música vocal, en colaboración coa pianista local, Yolanda Represas, xunto a Sara Álvarez co Clarinete e Yaiza Álvarez co Saxofón.


Ademáis, este Encontro de Corais serviu para que Beatriz Gómez se presentase diante do seu público, como nova Directora da Coral Cantares de Xinzo. Titulada profesional na especialidade de canto clásico, asumiu a dirección no mes de Xaneiro deste ano 2019.


Para rematar o Festival, as tres Corais interpretaron unha composición de forma conxunta, o que fixo a delicia de todo o público presente que ovacionou ás tres agrupacións de forma enérxica como sinal do seu bo facer sobre o esceario.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.