MUNDO EMPRESA
As Pemes galegas poden solicitar ata o vindeiro 8 de abril axudas para innovación
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou onte nun taller sobre o programa Innova Peme
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, participou onte na clausura da xornada informativa sobre o programa Innova Peme, que persegue que as pemes e microempresas se posicionen mellor no mercado, a través do desenvolvemento de produtos e servizos innovadores ou da mellora dos seus procesos.
Na súa intervención, Argerey destacou que a innovación, a diferenciación de produto, o deseño, as tecnoloxías dixitais ou a internacionalización son os ingredientes básicos e necesarios hoxe para que unha empresa teña éxito. No entanto, sinalou que dentro do tecido empresarial, son as pequenas empresas as que máis apoio precisan para innovar.
Esta iniciativa busca que as pemes e microempresas se posicionen mellor no mercado, a través do desenvolvemento de produtos e servizos innovadores ou da mellora dos seus procesos
O Innova Peme apoia a pemes e microempresas para mellorar a súa capacidade innovadora, e está cofinanciada polo Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro luns 8 de abril.
A directora de Gain animou ás empresas asistentes a que presenten bos proxectos á convocatoria e a que colaboren na difusión de experiencias para sensibilizar ao resto do tecido empresarial sobre o carácter estratéxico da innovación para a economía galega. De feito, no marco do encontro expuxeron a súa experiencia neste programa dúas empresas participantes na primeira edición: Galifresh e Linknovate.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217