Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Alcaldía do Porriño abre expediente polos incidentes nas prantas de “Xesnatura”

Ante a reiteración de lumes nas instalacions da empresa “Xesnatura” nas súas naves en chan industrial de Porriño, a alcaldesa Eva García vén de anunciar esta mañán “a apertura dun expediente informativo”. “Queremos saber as circunstancias deste último incidente de anoite e dentro do ámbito das nosas competencias, o Concello actuará”, dixo a alcaldesa.


A primeira autoridade municipal lembrou que no Concello xa constan antecedentes “xa que resultan reiterativos os incidentes deste tipo nese grupo de empresas”.


Con respecto a investigación encargada Eva García engadiu que “tamén daremos copia de toda a información que recabemos ás Consellerías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galicia para que tamén eses departamentos actúen segundo as súas competencias”, concluíu.  

 

A Policía Local de Porriño tivo noticia do lume ó redor das tres da mañán. Segundo informou o Oficial Xefe da Policía, movilizaronse Bombeiros do Porriño, o Servicio municipal de Emerxencias de Mos e desprazouse un equipo do Grupo Municipal de Vontarios de Protección do Porriño cun camión e outro de Mos. Solicitouse tamén apoio dos parques de Vigo e Morrazo ainda que non foi nenesaria a súa intervención pois ás seis da mañán o lume fora extinguido sen danos personais e os materiais pendentes de valoración.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.