GALICIA
Feijóo destaca a transformación do sector vitivinícola grazas a unha nova cultura do viño
Salienta que a Comunidade conta con 13.374 viticultores, con 461 bodegas e con máis de 64 millóns de quilos de produción de uva e máis de 200 millóns de valor económico, exportándose o 20% da produción
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou onte, durante o acto de clausura da Asemblea Xeral da Federación Española de Viño 2019, a transformación do sector vitivinícola grazas a unha nova cultura do viño, á aposta pola uva local e á implicación das institucións.
Todo isto contribuíu, segundo recordou, a que o vitivinícola sexa xa o sector agroindustrial máis exportador. Non en van, hoxe a Comunidade conta con 13.374 viticultores, con 461 bodegas e con máis de 64 millóns de quilos de produción de uva e máis de 200 millóns de valor económico, exportándose o 20% da produción.
Ao longo do acto, o titular da Xunta salientou que a diversidade climática e de chans de Galicia unidas ás técnicas de produción e selección utilizadas polos viticultores tradicionais son unha herdanza que estivo a punto de desaparecer, e valorou a decisión do sector de recuperala, levando a cabo unha profunda reconversión e reestruturación do noso viñedo substituíndo variedades comúns por variedades nobres.
Incide na importancia do traballo conxunto e da implicación das institucións: “O sector do viño demostrou que a cooperación é clave, que a Unión Europea é clave e que as administracións autonómicas son clave”
Ademais da aposta pola calidade, incidiu na importancia do traballo conxunto e da implicación das institucións. Non en van, e a modo de exemplo, recordou que a entrada na Unión Europea supuxo para este sector e para moitos outros un importante impulso, ao igual que o labor do Goberno galego. “O sector do viño demostrou que a cooperación é clave, que a Unión Europea é clave e que as administracións autonómicas son clave”, abundou.
Durante a súa intervención, Feijóo salientou tamén que apostar polo viño é apostar polo rural, polo emprego e polo progreso. Non en van, o 90% das instalacións vitivinícolas atópanse en zonas rurais. E, incidiu ademais na necesidade de manter e fomentar o vínculo crecente deste sector con outros como o turismo e a gastronomía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11