MOS
O BNG de Mos presenta este sábado a súa candidatura
O acto público tera lugar no auditorio do Pazo de Mos ás 20:00h e contará coa participación da deputada Montse Prado
O BNG de Mos presentará oficialmente a súa candidatura para as eleccións municipais o próximo sábado, 6 de abril, nun acto aberto a toda a veciñanza. O auditorio do Pazo de Mos acollerá, a partir das 20:00 horas, as intervencións de Miguel Aldea, actual portavoz do grupo municipal do BNG e número dous da lista para as próximas eleccións; Montse Prado, Deputada no Parlamento Galego e Gustavo Barcia, candidato á alcaldía de Mos.
O BNG xa adiantou o nome das persoas que ocuparán os cinco primeiros da lista para o próximo 26 de maio: Gustavo Barcia, Miguel Aldea, Mari Carme Vila, Cristina Represas e David Otero. O acto do sábado servirá para dar a coñecer ao resto dos integrantes dunha candidatura que, en palabras do aspirante á alcaldía, “vai representar ao conxunto da veciñanza”. Barcia agarda, ademais, que a presentación sirva “para compartir con toda a xente de Mos a nosa ilusión e a confianza en que o cambio no Concello vai ser unha realidade”.
PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO BNG DE MOS
Data: Sábado 6 de abril
Hora: 20:00h
Lugar: Auditorio do Pazo de Mos
Intervencións: Miguel Aldea - Montse Prado - Gustavo Barcia

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168