Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Sábado, 06 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PSdeG-PSOE critica ao PP ponteareán por subir unha foto nun centro público

O PSdeG-PSOE a través da edil de sanidade, Vanesa fernández, denuncia o uso privativo de recursos médicos públicos por parte de dous membros do Partido Popular de Ponteareas con fins propagandísticos nas redes sociais.


[Img #52038]Para Fernández trátase dun caso moi grave pois están empregando recursos dun centro médico público pagados cos cartos de todos os cidadáns.


“É inadmisible que cos recortes que está realizando a Xunta de Galicia e Feijóo á atención primaria, dous candidatos da lista de Belén Villar se dediquen a malgastar recursos públicos para facerse publicidade gratis a costa dos veciños” denuncia Vanesa fernández.


Neste senso, a edil socialista insta a Belén Villar e ao dous membros da lista do PP; Borja Álvarez e Jesús Represas, que pidan disculpas públicamente aos veciños de Ponteareas que están sufrindo a falta dun médico e a todos os pais e nais que ven como o servizo de pediatría está colapsado por mor dos recortes da dereita.


Pola súa parte os socialistas denunciarán estes actos antes a EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada) encargada da xestión da área sanitaria de Vigo na que está integrada Ponteareas pero tamén ante a Valedora do Pobo. “Estamos fartos de que empreguen as institución e recursos públicos. ¿Se fan isto agora que farán se tocan o Concello?.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.