Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 06 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Gustavo Barcia: "onde goberna o BNG as cousas cambian"

O auditorio do Pazo de Mos acolleu a presentación pública da candidatura do BNG para as próximas eleccións municipais, un acto aberto a toda a veciñanza no que o candidato á alcaldía, Gustavo Barcia, adiantou algunhas das liñas mestras do seu proxecto para Mos. Na súa intervención, ofreceu “traballo duro e honestidade”e prometeu “dar a cara, afrontar o problemas deste concello de fronte e pelexar contra quen faga falta para defender os intereses da veciñanza”.

 

Barcia presentou aos membros da súa candidatura coma “un equipo de persoas solventes, con experiencia e sobre todo con ilusión por facer un Mos novo”. Defendeu tamén o modelo de concello do BNG, poñendo como exemplo o traballo realizado nos últimos anos en localidades como Tomiño, Moaña ou Pontevedra. O aspirante á alcaldía afirmou que “onde goberna o BNG as cousas cambian, e cambian para mellor” e dixo que chega a estas eleccións “coas ideas claras para que Mos teña uns servizos públicos de calidade e para que ninguén teña que marchar fóra por falta de oportunidades”.

 

 O proxecto do R.C. Celta para construír unha cidade deportiva e un centro comercial en Mos estivo presente tamén no discurso de Barcia, que reiterou o seu rexeitamento á modificación do Plan Xeral. Reivindicou a oposición firme do BNG a este proxecto fronte ás dúbidas doutras forzas políticas ao dicir que “nós non nos dobregamos nin nos vendemos ante especuladores do monte e a auga”.

 

“A única oposición real”

A candidatura encabezada por Barciacontou, no acto de presentación, co apoio da deputada no Parlamento Galego MontsePrado, que amosou o seu convencemento en que o BNG obterá un gran resultado, tanto nas eleccións xerais como nas municipais.

 

Tamén interviuo actual portavoz no Concello, Miguel Anxo Aldea, que recomendou ao seu sucesor á fronte da candidatura “prudencia e firmeza” no seu labor político. Aldea, que vai ocupar o segundo posto na lista para o 26 de maio, destacou no seu discurso que “nestes dez anos, logo da moción de censura, o BNG foi a única forza política que fixo unha oposición real dentro e fóra  do concello” e defendeu a “seriedade” do seu traballo á fronte do grupo municipal. Segundo Aldea, o BNG “fuxiu do radicalismo estéril e do infantilismo esquerdista que tanto  se prodigou neste último mandato”.

 

[Img #52075]

 

Candidatura do BNG de Mos para as eleccións municipais

 

01.Gustavo BarciaSeijo

02.Miguel Anxo Aldea Moscoso

03. Mari Carme Vila Blanco

04.María Cristina Represas Romero

05.David Otero Blanco

06.Alberto Barreiro Ricón

07. Helena López Fernández

08.Tania Jorge Santos

09.Severino RomeroRivero

10.AdelinoFernando Gomesdos Santos

11. Tareixa Mariña Lourido Giráldez

12. María Isabel RamiloRivero

13.Francisco García Cobas

14. SamuelPereiro Pérez

15. JeniferMunínAlonso

16. Iolanda Otero Seijo

17. Xosé Carlos Cabaleiro Romero

Suplentes:

01.Xoán Carlos Romero Montes

02 Marta Moreira Fontán

03.Óscar Rodríguez Campo

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.