Martes, 17 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 10 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
Vigo

O museo Verbum de Vigo acolle este mércores a II xornada Turistic

O Museo Verbum de Vigo acollerá este ano a II Xornada TurisTIC, organizada pola Deputación de Pontevedra, que ten por obxectivos impulsar a competitividade do sector turístico e incrementar a aposta por solucións tecnolóxicas para mellorar a súa xestión, accesibilidade e sustentabilidade. O interese pola xornada desbordou todas as previsións e, de feito, a institución tivo que ampliar o aforamento para dar cabida aos 200 especialistas e representantes dos concellos da provincia que mostraron a súa disposición a participar nun evento que converte á provincia de Pontevedra nun referente no debate sobre os destinos turísticos intelixentes.

 

A presidenta, Carmela Silva, abrirá o próximo mércores as xornadas que este ano contan coa colaboración da Zona Franca e que amplían o seu programa lanzando, en colaboración con  Minube e  SmartPeme, o Desafío  Hackaton  DESTInno, unha iniciativa que repartirá 4.500 euros en premios ás persoas  creadoras das mellores solucións tecnolóxicas para fortalecer a eficiencia dos destinos turísticos. O proxecto Desafío  DESTInno nace coa intención de fortalecer a integración das TIC na xestión do turismo, garantindo a calidade e satisfacción das e os visitantes e as comunidades locais e demostrando que, se se xestiona ben, o turismo actúa como axente de cambio. As 28 persoas inscritas traballarán os días 8 e 9 na sede da Deputación en Vigo e os gañadores expoñerán o seu proxecto o día 10 como peche da II Xornada  TurisTIC no Verbum.

 

Nas sesións do mércores, o primeiro relatorio analizará a imprescindible colaboración entre o sector público e privado e contará coa participación de Carmela Silva, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado de Zona Franca, David  Regades, o responsable do Sistema de Xestión no aeroporto de Vigo, Javier Yagüe, e o director xeral de Instituto para a Calidade Turística Española, Fernando Frade. Ao longo da xornada analizaranse exemplos concretos de proxectos turísticos intelixentes cos e coas responsables de Eco Hotel  Nós,  Piragüilla Lecer e Aventura e  Viaxes  Arqueolóxicas e está programada unha charla sobre a importancia de xestionar os datos dos usuarios de servizos turísticos por parte do xerente de  Márteting de  Cloud,  Blockchain & Big Data en Telefónica,  Enrique González  Lezana. O xerente de Desenvolvemento de Produtos de  AENOR,  Sergio González, a Xefa de Proxectos de Segittur, Edurne Vidal, e Iñaki  Gaztelumendi, experto en turismo e presidente de  Spain  Live  Music, intervirán nunha mesa redonda sobre a  gobernanza dos destinos intelixentes.

 

A edición deste ano de  TurisTIC introduce como novidade o Centro de Demostración de Solucións Tecnolóxicas que pretende servir de escaparate ao tecido empresarial e que logrou ocupar xa os 15 expositores ofertados. Neste punto as persoas participantes poderán interactuar e expor as súas solucións ao resto do sector turístico da provincia.

 

TurisTIC é unha iniciativa, enmarcada nas liñas do Plan Estratéxico de Turismo, para seguir apostando por un turismo de calidade, sustentable e innovador, que se referenda coa nova posición da Deputación de Pontevedra como única entidade galega que é membro da Comisión Executiva da Rede Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes, organismo que definirá o modelo de turismo do futuro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.