MOS
Victoria Alonso presenta ás e aos integrantes da súa candidatura
A candidata á alcaldía promete “traballo, traballo e traballo”
O Pazo de Mos acolleu este domingo a posta de largo da candidatura que acompañará a Victoria Alonso na próximas cita coas urnas do 26 de maio. “Traballo, traballo e traballo”, prometeu Alonso por parte de todas e todos os que compoñen esta lista, “para facer un Mos mellor”.
A candidata á alcaldía mosense empezou a súa intervención agradecendo a Patricia Pérez, actual concelleira e quen lle entrega o testemuño como cabeza de lista, todo o traballo levado a cabo durante estes anos “por Mos e polo Partido Socialista”, tras o que lle entregou un ramo de flores de recoñecemento.
Ante un auditorio que encheron ao redor dun cento de persoas, Alonso comprometeuse a poñer fin ás políticas do Partido Popular e a súa alcaldesa, Nidia Arévalo. “O PP é iso, contar mentiras e aproveitarse do traballo dos demais”, denunciou a candidata socialista, acusando aos conservadores “de non recoñecer que quen máis inversións fai nesta vila é a Deputación gobernada por Carmela Silva”.
Alonso comprometeuse a traballar ao lado da veciñanza da vila, contando cos colectivos sociais, cos que xa está a manter reunións para confeccionar o programa electoral.
Carmela Silva, presidenta da Deputación, chamou á mobilización apelando ao “poder inmenso” do voto para cambiar as cousas
Carmela Silva quixo estar nesta presentación acompañando ao equipo que liderará o goberno de Mos no futuro. “Mos precisa un cambio de políticas”, asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, que afirmou saber que Alonso entende o urbanismo “para facer espazos máis amables para a veciñanza, e non para que uns cantos fagan negocio”.
“A actual alcaldesa non quere a Mos”, denunciou Silva tras relatar como nunca saíra a rúa a protestar ante ao problema sanitario, a falta de inversión da Xunta na vila ou as promesas incumpridas por parte do Goberno de Mariano Rajoy e a exministra Ana Pastor. “A única administración á que veu protestar foi a Deputación de Pontevedra, que neste mandato fixo un investimento histórico en Mos”.
A presidenta da Deputación quixo rematar a súa intervención facendo un chamamento á mobilización de cara ás dúas próximas citas electorais. “Temos un poder inmenso: o de meter un voto nunha urna. Cos votos nas urnas, o pobo é quen máis ordena”, sentenciou Silva, lembrando a canción Grândola, Vila Morena do artista portugués Zeca Afonso e himno oficioso da Revolución dos Caraveis.
Pola súa banda, o secretario xeral provincial, David Regades, asegurou que Alonso “vai ser unha magnífica candidata” tras definila como “unha muller moza, formada, con ideas e integridade”.
“Algo está cambiando en Mos cando un domingo de choiva e frío, ás cinco da tarde, temos un salón coma este cheo de ilusión”, continuou o máximo dirixente provincial. “A política municipal con maiúsculas sempre leva a firma dunha ou dun socialista, e aquí levará a de Victoria Alonso”, finalizou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168