Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 09 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda lamenta que Besada “utilice os provedores para sacar rédito electoral”

O candidato popular á Alcaldía e portavoz do partido no Concello, Santiago Rodríguez Davila, critica que se acuse á oposición da falta de pagamento ás empresas cando o goberno local actúa unilateralmente e “leva sen pagarlles máis dun ano”

O PP de Salceda de Caselas lamenta que Marcos Besada “utilice os provedores para facer a súa campaña electoral” a pesar de levar sen cobrar máis dun ano “mantendo a economía municipal” e as “ocorrencias” do Alcalde, que no último ano alcanzaron case o millón de euros impagados. O candidato popular á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, acusa o rexedor de pretender xustificar a “nefasta” xestión dos cartos de todos os veciños “culpando á oposición” do atraso dos pagos e de que o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito ( REC) que ocupou o pleno do pasado mes de marzo non saíse adiante. “Non se pode gobernar en minoría, dilapidar o diñeiro contratando servizos, algúns deles innecesarios, e despois cargar a culpa sobre a oposición cando nin sequera se preocuparon por negociar as contas anuais”, apostila Davila.

 

Para o líder popular de Salceda, Marcos Besada “está a rirse descaradamente de todos os veciños” cando afirma que o Concello pechou 2018 cun superávit de máis de 360.000 euros. Engade Davila que “simplemente cre que os salcedenses somos analfabetos, basta con aplicar o sentido común. Se temos 360.000 euros pero deixamos de pagar case un millón non podemos falar de situación inmellorable senón de morosidade, que se diría dun veciño que di gastar 200 euros menos ao mes pero deixa sen abonar a taxa de lixo ou os recibos da luz ou a auga? O do Sr. Besada é unha auténtica broma imposible de crer e, sobre todo, un chiringuito imposible de manter”.

Numerosos provedores non deron o seu consentimento á vía xudicial

As 1.400 facturas escondidas no caixón da casa consistorial dende fai máis dun ano e as “présas de última hora por pagalas”, incluso “sacándose da manga un suposto representante dos provedores”, demostran que a única intención de Besada é “sacar rédito electoral custe o que custe e axudándose de quen faga falta”. O PP manifesta, como un afectado máis, “non sentirse representado” pola persoa que actúa como portavoz dos impagados e lémbralle que “acudir en nome doutras persoas sen o seu consentimento previo é delito”. Ademais, resulta “pouco ético” e “sospeitoso” que o suposto portavoz sexa simpatizante do partido ao que representa Besada.

 

 

 

 

O PP auditará as contas de Marcos Besada se chega á Alcaldía ante o “abuso” dos REC, que os utiliza “a modo de barra libre cando lle interesa”

 

 

 

 

Do mesmo xeito que o grupo local do PP non foi preguntado se quería acudir á xustiza para reclamar o pago “temos constancia de que moitos outros empresarios e comerciantes pendentes de cobro tampouco tiveron a oportunidade de opinar, por tanto esta representación é falsa”, cuestiona Davila, quen pregunta “se contan coa firma de todos os provedores para acudir ao Xulgado no seu nome”.

 

Auditoría o Tribunal de Contas

Ante este cúmulo de presuntas irregularidades e o evidente desfalco nas contas públicas, o PP de Salceda de Caselas comprométese a “levantar as alfombras” do Concello se consegue a Alcaldía e para iso asegura que solicitará do Tribunal de Contas a fiscalización da actividade económica – financeira do Concello para “inspeccionar a xestión económica do actual rexedor, Marcos Besada” e que sirva para “eliminar calquera dúbida razoable avalada polos numerosos informes de reparo emitidos por Intervención con contundentes advertencias da situación económica- financeira municipal”. Davila cre que se utilizan os REC coma se dunha “barra libre” se tratara e advirte que este recurso é algo “serio” que só debería utilizarse en momentos puntuais ou de extrema necesidade “e non cando convén electoralmente”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.