No marco do programa “En Ruta coa Depo 2019”
Máis de 3.600 persoas da provincia escolleron as excursións pola comarca de Vigo
Veciñas e veciños pertencentes a 56 asociacións realizarán visitas guiadas por lugares como as illas Cíes, o barrio mariñeiro do Berbés, o Castelo de Soutomaior ou o Museo Meirande
Máis de 3.600 persoas de 56 asociacións da provincia escolleron este ano visitar a comarca de Vigo a través do programa “En Ruta coa Depo 2019”, que permitirá ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, 1.800 veciños e veciñas de 28 asociacións da provincia visitarán as illas Cíes e o barrio mariñeiro do Berbés en Vigo. Pola súa banda, outras 1.800 persoas de 28 asociacións farán a súa ruta pola a illa de San Simón, o castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio, e o Museo Meirande en Redondela.
Este ano, case 20.000 persoas, (19.951), pertencentes a 296 entidades da provincia poderán beneficiarse de “En Ruta Coa Depo 2019” que oferta un total de 32 rutas por lugares emblemáticos da provincia divididas en rutas temáticas, rutas culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais. Esta iniciativa pretende mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais, promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación da provincia.
Amais, o obxectivo deste programa da Deputación de Pontevedra é dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, e tamén promover os valores máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e transporte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11