Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 09 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

“Maria Vinyals” chega ao IES de Mos man da Deputación de Pontevedra

Os actos de presentación celebraranse este martes 9 e o mércores 10 de abril con case 200 estudantes dos cursos de 1º e 2º da ESO

Coa presenza da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, a Deputación de Pontevedra presentará este martes 9 de abril, ás 11:00 horas, o libro “María Vinyals. Un talento rebelde” no IES de Mos, diante de 136 alumnos e alumnas de 2º da ESO. Ao día seguinte, ás 13:00 horas, chegará ao IES Primeiro de Marzo de Baiona para presentarse ante 54 rapaces e rapazas de 1º da ESO. O obxectivo destes dous actos é dar a coñecer a historia de María Vinyals e levar o seu legado a prol da igualdade aos centros educativos da provincia.

 

A obra está escrita por Isabel Blanco, ilustrada por Luz Beloso, editada pola editorial Belagua, e conta co asesoramento histórico de Silvia Cernadas. A Deputación colaborou na edición e impresión da primeira edición, da que saíron 1.500 exemplares, que se están a distribuír integramente nos centros educativos, mentres que as próximas edicións que se fagan xa se comercializarán.

 

Ademais da distribución desta obra, a institución provincial tamén está a organizar charlas-coloquio sobre María Vinyals, onde persoas expertas na súa vida afondan na súa figura e dan a coñecela mellor entre os e as escolares. Con esta iniciativa, o que se pretende é seguir reivindicando a figura de María Vinyals, unha pioneira na defensa da igualdade entre homes e mulleres que deixou unha forte pegada na provincia de Pontevedra, en Galicia e no mundo enteiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.