Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Regades presenta ás claves que servirán de guía para a elaboración dos programas municipais

Son 110 medidas, as que se lle engaden 8 máis transversais, para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, sendo o primeiro partido que os inclúe nos seus programas electorais

As e os socialistas de Pontevedra presentaron esta semana o documento “110 claves para construír unha provincia”, no que se recollen as medidas aportadas pola militancia e a cidadanía nas diferentes Mesas Sectoriais que o partido celebrou por toda a provincia. David Regades, secretario xeral provincial, sinalou “o gran traballo desenvolvido nestes encontros” que permitirá construír “unha provincia máis forte, máis igualitaria e máis socialista”.


“Non podemos facer un programa electoral que non estea baseado nas veciñas e veciños”, sinalou Regades, “no seu coñecemento, nas súas ideas e nas súas inquietudes”. O secretario xeral apuntou que o socialista é o único partido que trasladou este proceso de elaboración destas claves, asegurando que “teñen que ser as veciñas e veciños os protagonistas da vida municipal”.


O documento recolle 11 eixos con 10 medidas en cada un, así como oito puntos a maiores dedicados aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles fixados polas Nacións Unidas en 2015 co horizonte de 2030 para o seu cumprimento. “Somos o primeiro partido que inclúe estes obxectivos no seu programa”, defendeu Regades.
Transparencia e bo goberno, loita contra o despoboamento, igualdade, cohesión social, urbanismo sostible e promoción do medio rural son seis dos 11 eixos sobre os que as e os socialistas constrúen o documento programático.

 

 

 

 

O secretario xeral provincial sinalou “o gran traballo” feito polo partido nas Mesas Sectoriais, que serviron de base para a elaboración do documento

 

 

 


O documento inclúe propostas que van desde introducir a perspectiva de xénero na elaboración de todas as políticas públicas ata a creación de bolsas municipais de contratacións temporais de solidariedade, pasando por un novo modelo enerxético urbano, a implantación da administración electrónica ou a creación de plantas municipais de biomasa e Redes de Calor, unha medida de éxito xa implantada por gobernos socialistas na provincia  e que queren trasladar a aqueles concellos que contan cunha ampla masa forestal.


“Con estas 110 medidas queremos facer unha provincia que teña máis oportunidades para a súa poboación, máis igualitaria, que terá máis que nunca máis alcaldesas e alcaldes do Partido Socialista”, finalizou a súa intervención o secretario xeral provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.