PROVINCIA
Carmela Silva enxalza o compromiso da Comisaria na loita contra as violencias machistas
A presidenta recibiu esta mañá, no marco “dunha visita histórica”, á primeira muller que ocupa o cargo de comisaria da Policía Nacional en Pontevedra
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta mañá no Pazo provincial á primeira muller comisaria da Policía Nacional en Pontevedra, Estíbaliz Palma. “Sinto unha gran orgullo porque unha muller sexa a comisaria nesta provincia, esta é unha visita histórica”, asegurou Silva, e engadiu que “as mulleres temos que chegar a todas partes, temos que estar en espazos de dirección porque somos o 52% da poboación e ademais estamos moi formadas e moi capacitadas”.
Carmela Silva amosou a súa satisfacción porque “esta comisaria ten un compromiso total e absoluto na loita contra as violencias que padecemos as mulleres, isto forma parte do núcleo das preocupacións e ocupacións de Estíbaliz Palma”. Amais, a presidenta aproveitou a ocasión para poñer en valor ás forzas de seguridades do Estado, “que son imprescindibles nun estado de dereito, non pode haber estado de dereito se non temos seguridade, e estes corpos e forzas de seguridade que temos son unha garantía”. Neste ámbito, Silva enxalzou a importancia de que todas as institucións, forzas e corpos de seguridade do Estado traballen xunto coas administracións, e “Estíbaliz Palma é unha muller cunha longa traxectoria, profundamente demócrata, e que entende o mundo como unha suma de sinerxías”.
“As mulleres temos que chegar a todas partes, temos que estar en espazos de dirección porque somos o 52% da poboación e ademais estamos moi formadas e moi capacitadas”, destacou Silva
Pola súa banda, a comisaria Estíbaliz Palma fixo fincapé en que “estamos aquí para axudar e para proporcionar a máxima seguridade, especialmente para as mulleres e as persoas máis vitimizadas”. A comisaria tamén sinalou, respecto á colaboración entre institucións da que falou a presidenta, que “cando traballas ben e a gusto coas persoas, ademais de coas institucións, provoca unha sinerxía que da mellores resultados e nos converte en máis eficientes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11