Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mariano Rajoy abrirá este venres a campaña en Pontevedra

A cita, organizada polo PP de Pontevedra, empezará ás 20,30 horas

O presidente Mariano Rajoy abrirá este venres en Pontevedra a campaña das eleccións xerais convocadas para o 28 de abril cun acto que se celebrará no Auditorio da Sede Afundación e que está organizado polo PP provincial presidido por Alfonso Rueda.

 

Ademais de militantes, simpatizantes e amigos do presidente Rajoy, na cita, que dará comezo ás 20.30 horas, tamén participarán o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a número un na lista ao Congreso dos populares da provincia, Ana Pastor, e o candidato á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez.


Coa súa presencia en Pontevedra, que terá continuidade ó día seguinte cun xantar mitin no Baixo Miño, Mariano Rajoy evidencia a gran importancia que ten a provincia para o Partido Popular, que confía en obter un magnífico resultado tanto nos comicios do 28 de abril como posteriormente nas municipais do 26 de maio.

 

 

 

 

Tamén participarán o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a número un da lista ao Congreso, Ana Pastor e o candidato á Alcaldía da cidade, Rafa Domínguez

 

 

 


Tras ensalzar a “extraordinaria faceta humana” de Mariano Rajoy, Alfonso Rueda o definiu como un gran presidente do Goberno, destacando as políticas que levou a cabo para sacar ao país “da peor crise da súa historia” e para facer frente ao desafío secesionista en Cataluña. “Unha situación inédita”, lembrou.


O presidente provincial agradeceu a Rajoy que elexira Pontevedra para o seu primeiro acto de campaña, “unha cidade a que representa mellor que ninguén”. “Decir Mariano Rajoy é decir Pontevedra. E estamos moi orgullosos”, suliñou.


Por último, indicou que a lista dos populares ao Congreso e ao Senado é “un valor seguro” que “aúna experiencia e xuventude”.  Os nosos candidatos son “a mellor garantía para a defensa dos intereses da provincia en Madrid”. O PP “é un partido recoñecido e recoñecible, con vocación de goberno e que vai sair a gañar nos próximos comicios”­.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.