Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
Val Miñor

A Sección Sindical da CUT GES ve "risco e precarización na Mancomunidade do Val Miñor"

A Sección Sindical da CUT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S) leva máis dun ano denunciando "as irregularidades que se están a producir neste servizo, irregularidades que poñen en risco ás persoas traballadoras e á cidadanía sen que dende a Mancomunidade se adopten as medidas oportunas".


"A práctica habitual está a ser a de precarizar a man de obra asignando aos bombeiros funcións de condutores cando os catalogan de peóns, e así non pagar a categoría correspondente" explican.


Coma exxemplo aseguran que "hoxe 12 de abril estarán dous bombeiros de garda (1 peón e 1 capataz) con dous camións e unha pick-up todoterreo, e ambos os dous bombeiros teñen a licenza de condución tipo C caducada e sen categoría de condutores, o que impide conducir os camións" aseguran nun comunicado.


Esta situación "desvela non só que se precariza o traballo, se non tamén que se pon en risco a saúde laboral e a protección cidadá. Non é a primeira situación na que nos atopamos, nun incendio, con que non hai persoal suficiente ata o punto de que un bombeiro ten que facer a función de condución, mando e outros servizos e agardar que o axuden os veciños e veciñas" explican..


Dende a Sección Sindical da CUT demandan "que se poña fin a esta situación ou tomaremos as medidas oportunas".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.