PONTEAREAS
ACiP denuncia a presenza de auxiliares de Policía Local interpoñendo denuncias de tráfico
"O incremento de sancións en 2018 supera o 30% e rezuma un fin unicamente recadatorio" sinalan
"Aínda que custou, porque foron moitas as trabas interpostas por parte do goberno municipal e Alternativa Ciudadana de Ponteareas tivo que recorrer mesmo ao amparo do secretario municipal para recoñecer a este partido o seu dereito ao acceso de información, finalmente ACiP conseguiu acceder ao informe da empresa recadadora das sancións impostas pola policía local en 2018" segundo explican nun comunicado.
E os datos "veñen confirmar as moitas sospeitas que este partido tiña: o incremento de sancións é alarmante e a recadación abusiva”, sostén o portavoz de ACiP e candidato á alcaldía por este partido, Juan Carlos González Carrera.
Se en 2017 a cifra total de sancións interpostas pola policía local ascendeu a 1.329, durante o pasado exercicio de 2018 o total incrementouse ata as 1.878. “Son 549 multas máis dun ano a outro, algo que nos parece preocupante porque, desde logo e por moitos motivos que estivemos vendo durante o pasado ano, a situación do tráfico en Ponteareas non foi, nin de preto, a máis óptima e porque comparando esta vila con outros concellos similares, en ningún dos restantes rexistrouse un incremento tan elevado”, insiste González Carrera.
Quizais parte da resposta estea na recadación total por esta vía. Se en 2017 o concello ingresou por sancións un total de 127.559,63 euros, o pasado ano a cifra incrementouse ata os 167.887 euros, “destacando”, insiste o candidato á alcaldía por ACiP, “que na súa memoria a empresa recadadora advirte que ao 30 de decembro aínda non se ingresaron os importes do 15% das sancións impostas, co que a cifra total aínda será maior do 30% de incremento na recadación entre 2017 e 2018. Incremento que, insistimos, non está xustificado”.
Analizando aínda máis a situación, este partido insiste na irregularidade de moitas das multas, impostas por auxiliares de policía. A lei é clara a este respecto e dota a esta figura de atribucións moi limitadas e sempre ao amparo e coa compañía dun funcionario da policía local. A realidade en Ponteareas é ben distinta e ademais de sancionar, cousa totalmente irregular, son moitos os veciños que puideron comprobar como estes auxiliares patrullan as rúas en solitario, mesmo en quendas de noite, co uniforme de axente de policía local -cousa que tampouco poden facer- ou conducindo vehículos policiais.
No seu momento ACiP xa advertiu ao goberno municipal, formado por BNG, PSOE e Riada do Tea, da irregularidade que estaban a cometer, poñendo incluso a situación da Policía Local en coñecemento da Subdelegación de Goberno e a Xunta de Galicia. “En calquera caso”, continúa Juan Carlos González Carreira, “todo isto pasa porque o goberno municipal deixou caer a policía. Pasamos de 24 axentes en 2010 a menos do 50% na actualidade. Están a desmantelar un servizo que están obrigados a manter e ademais recorren á figura de auxiliares que exercen funcións que non lles corresponden. Non é legal que os auxiliares impoñan multas de tráfico utilizando boletíns oficiais e ainda menos, como puidemos constatar, que contesten os recursos e mesmo as ratifiquen para o seu cobro efectivo. O peor de todo é que das máis de 1.800 sancións impostas o pasado ano, 657 foron por auxiliares de Policía Local”.
“Desde ACiP e como candidato, denunciamos estas condutas improcedentes e convidamos a todos os veciños que fosen sancionados, e sospeiten que fose por un auxiliar, que acudan á nosa oficina na de atención ao cidadán, na rúa Rogelio Grova e en horario de mañá e tarde (de 10-14 e de 17:30 a 20:30 horas), e alí asesorarémoslles para presentar, se procede, o oportuno recurso. Constatamos que todos os recursos ante sancións impostas por auxiliares de Policía Local recibiron a calada por resposta por parte do concello, deixando pasar o tempo e que prescriba a multa porque desde o goberno municipal saben que esa sanción non ten percorrido xudicial algún”.
A modo de conclusión, Juan Carlos González Carrera asegura que “esas condutas non se poden permitir” e adianta que, “se os veciños dannos o seu apoio nas próximas eleccións municipais do mes de maio, nós non permitiremos estas actitudes que o único que están é a afectar gravemente ao comercio e a hostalería locais, xa de seu danadas neste último mandato por moitos motivos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163