Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 14 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

O alcalde de As Neves explica na UE as consecuencias dos incendios de 2017

O alcalde de As Neves, Xosé M. Rodríguez Méndez, mantivo, como membro dunha delegación galega, encabezada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, un encontro con Andrew Bianco, Xefe de Gabinete do Comisario de Medio Ambiente, e Yvon Slingenberg, Directora de Coordinación Política da Dirección Xeral de Cambio Climático, así como con funcionarios das Dirección Xerais de Medio Ambiente, co obxectivo de abordar os problemas do modelo forestal galego, e “en concreto da eucaliptización e o seu impacto nos incendios”.

 

Primeira vez que un alcalde de As Neves acude á UE

Rodríguez, primeiro alcalde de As Neves que é recibido oficialmente na Unión Europea,  valorou positivamente o encontro na Comisión. “Trátase dun feito salientable, non porque te reciban senón porque hai unha escoita activa e hai gañas de que ocorran cousas arredor dun diagnóstico como o que plantexamos”, comentou, ao tempo que incidiu na necesidade de “volcar completamente a política forestal, facendo que sexa un espazo útil, cunha mirada sensible e construtiva hacia o territorio”.

 

Na xuntanza, Xosé Manuel Rodríguez explicou as consecuencias vividas no Concello das Neves tras os incendios de 2017, que provocaron a falta de auga durante máis de dous meses en boa parte da localidade, así como a acumulación de cinzas. Criticou, asemade, a actitude da Xunta de Galicia, centrada na culpabilización dos supostos incendiarios e na súa política focalizada na extinción en lugar da prevención.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.