Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Domingo, 14 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Belén Villar propón un “Plan Parroquias” para dinamizar a súa contorna e mellorar o transporte

A candidata presentará nos vindeiros días un novo método de transporte, subvencionado polo Concello, entre as parroquias e o centro urbano e continua en negociacións para o transporte metropolitano

A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, esta semana , outra dás propostas incluídas no seu programa electoral. “Hoxe presentamos o Plan Parroquias, porque as 23 son parte esencial do noso municipio. O goberno actual, ten totalmente abandonadas as parroquias de Ponteareas.”, afirmou Belén Villar.


Para a candidata do PP é unha prioridade que se atenda as parroquias e que se conecten co centro do municipio. “Estamos a percorrer a pé todas as parroquias e en case todas os veciños trasládannos as mesmas problemáticas, por iso deseñamos este plan conxunto para liquidar problemas básicos que se repiten nas 23 zonas”.

 

O Plan Parroquias contempla melloras na iluminación pública, “hai moitas zonas que carecen de luz e outras nas que o existente está mal situado. Faremos un estudo para coñecer a situación e solventar os problemas”. Melloras no abastecemento e o saneamento, “non nos cansaremos de  dicir que é unha prioridade sacar adiante a nova EDAR, só así poderemos poñer punto e final á triste situación que se vive nalgúns lugares de Ponteareas, que carecen de algo tan básico como saneamento”. Melloras nos parques infantís e os centros culturais, “na actualidade hai unha clara falta de mantemento, ademais finalizaremos os centros culturais que estaban comprometidos desde hai anos. Paredes non conta con centro e os de Padróns, Ribadetea, Nogueira, Pías e Arnoso teñen necesidades de ampliación e reformas”. Villar mantivo reunións coa consellería de Benestar Social para ampliar os servizos das parroquias e  adicar algún destes centros  a “Centros de Día”.

 

 

 

 

Comprométese a ampliar a depuradora para terminar co ansiado e necesario saneamento

 

 

 

 

Outra das prioridades do Plan Parrqouias é mellorar a conexión entre as parroquias e o centro urbano, Villar adiantou que nos próximos días presentará un novo sistema de transporte, subvencionado polo Concello e que ademáis continúan as negociacións para que Ponteareas poida beneficiarse das tarifas do transporte metropolitano.


O proxecto contempla outras melloras como nova sinalización viaria e de lugares de interese, ampliación da cobertura WIFI, pavimentación estradas en mal estado, mellora da seguridade cun grupo especial de vixilancia no rural e novas bocas de rego nas zonas forestais para evitar incendios. Tamén a creación dunha nova brigada de desbroce, moi necesaria no rural.


En relación ao PXOM a candidata avanzou que mellorará o documento para eliminar a diseminación dos núcleos de vivendas. Revisar o crecemento futuro en cada parroquia e apostar polo crecemento no rural de novas edificacións. Revisar as vivendas fóra de ordenación. Revisar lindes entre parroquias  con outros municipios e colocar correctamente o nome dos barrios que están fóra de lugar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.