Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 13 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos decide constituír unha Mesa Local de ANPAs

O obxectivo é preparar a pais e alumnado de Primaria para o paso ao Instituto

Esta semana o Centro Dotacional de Torroso acolleu unha reunión entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, e unha ampla representación das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos dos cinco Colexios Públicos de Educación Infantil e Primaria, do Instituto e da Escola de Música de Mos.

 

Da xuntanza extraeuse a conclusión da necesidade de crear unha Mesa de ANPAs na que estean integradas todas elas, tanto as dos colexios coma a do IES. Posto que, aínda que xa existe unha agrupación de ANPAs dos centros de Primaria, o Instituto non forma parte da mesma; e todos os presentes no encontro de onte coincidiron en salientrar a importancia da presencia do IES.

 

Importancia motivada pola realidade de que os alumnos dos colexios mosenses serán, nun futuro máis ou menos próximo dependendo da súa idade, alumnos do IES de Mos. Deste xeito, considérase fundamental que haxa unha preparación tanto dos pais como dos propios nenos e nenas para ese cambio do colexio ao instituto.

 

Para preparar a pais, nais, alumnos e alumnas, nace esta Mesa Local de ANPAs na que estarán incluídas as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos dos CEIPs de Pena de Francia, Petelos, Atín, Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda), Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos) e o IES de Mos baixo o paraugas do Concello de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.