SALCEDA DE CASELAS
Os sindicatos denuncian que o Concello de Salceda de Caselas é o máis “privatizador” de toda Galicia
Na maioría dos departamentos non exista persoal dabondo para cubrir as necesidades mínimas
Os representantes dos traballadores do concello de Salceda de Caselas, veñen de ser citados por primeira vez dende que Loli Castiñeira asumiu a Concellería de Persoal (en outubro de 2018), "non para negociar un Convenio Colectivo ou unha RPT tal e como obriga a Lei as Entidades Locais, senón para unha nova cacicada deste Equipo de Goberno, e que lle vai custar as arcas municipais a cantidade de 69.399,29 € segundo informe do Interventor Municipal que ven de reforzo" explican.
"O que pretenden facer, é a creación dunha nova figura, a de 'Tesoureiro Habilitado Nacional', cando ni tan sequera temos Interventor ocupando praza (soamente asiste un día a semana dende hai máis dun ano), e o posto de Tesoureiro, como na maioría dos concellos xa está ocupado por un funcionario habilitado polo pleno municipal". Ademais disto os sindicatos cren que "as novas prazas hai que convocalas trala negociación dun Convenio Colectivo e unha RPT, a última presentada pola empresa Tudó (cun custe de 20.000 € para o Concello), xa estipulaba a creación da praza de Tesoureiro Municipal Habilitado Nacional, pero cun custe salarial inferior ao que se pretende crear agora".
Ademais, consideran unha “tomadura de pelo” que "un expediente iniciado no 'Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Pontevedra' o día 25 de setembro de 2018, se nos comunique agora", polo que “esta parte manifesta a súa expresa desconformidade co inicio de dito procedemento polo momento no que nos atopamos, a un mes das eleccións municipais” e “non é lexitimo a un mes vista de dito proceso iniciar unha modificación do cadro de persoal, que deberá ser comandado exclusivamente polo próximo goberno municipal, na súa calidade de parte empregadora”, tal e como se contestou por parte deste Goberno Municipal a Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, ante a súa dispoñibilidade de mediación, nun escrito do 25 de marzo de 2019 con rexistro de entrada na Xunta de Galicia 94RX 649130.
A falta de acordos de negociación, xa está traendo consecuencias dramáticas para todos os salcedenses, pois debido as xubilacións, a desgraza do falecemento de algún e a ausencia total de convocatoria de novas prazas, ao non existir unha RPT (que o concello debe ter aprobada por Lei), está conseguindo que na maioría dos departamentos non exista persoal dabondo para cubrir as necesidades mínimas. Así "un mesmo traballador ou traballadora, ten que facer varias funcións a vez, de administrativo, porteiro, bedel, informático, técnico, bibliotecario, monitor de deportes, traballo social, logopeda, xestor de emprego, etc..." segundo denuncian estes sindicatos de traballadores municipais.
Os sindicatos critican que "ante esta grave situación, un Goberno Municipal que se di de esquerdas, opta polo 'despilfarro'" unha vez mais e se dedica a cubrir servizos e departamentos con empresas privadas que facturan por horas. Coa praza de Tesoureiro que se pretende colar, se poderían ter 3 empregados cubrindo necesidades máis urxentes.
Así dase o "paradoxo de que por cubrir 9 días nun departamento, unha empresa nomeada a dedo, pasa facturas por cantidades que darían para pagar o salario dun empregado/a municipal ata dous meses".
Os sindicatos enumeran entre os servizos municipais postos en mans privadas, e que os habitantes de Salceda poden comprobar a diario están: "a limpeza viaria e a recollida de lixo. Labor realizada dende hai moitísimos anos por empregados municipais e agora privatizado nunha empresa de limpeza; O mantemento dos equipamentos eléctricos municipais, privatizados dende hai moito tempo; O manexo da maquinaria municipal (tractor, grúa, camión do lixo, etc.) está sendo realizado por traballadores dunha empresa externa ao concello; O servizo das piscinas. Non se saca a concurso público e se tramita a través dunha empresa privada; O mantemento dos campos de fútbol da Gándara e Penedo Redondo. Toda a vida nas mans de empregados municipais e hoxe privatizado nunha empresa de xardinería; O mantemento dos parque e xardíns municipais. Toda a vida nas mans de empregados municipais e hoxe igualmente privatizado nunha empresa de xardinería; A Casa da Cultura e a biblioteca, desmantelada de persoal e atendida en moitísimas ocasión por unha empresa privada nomeada a dedo: O Rexistro Municipal. O colmo dos colmos, o servizo municipal por antonomasia cuberto en ocasións por unha empresa de 'mantemento informático' ".
"Ante isto non podemos quedar de brazos cruzados, por iso pedimos aos tres grupos municipais presentes no pleno (MS, PP e PSOE), que voten en contra da iniciativa, no suposto de que se leve ao Pleno Municipal, e animamos a todos os veciños e veciñas de Salceda que se acheguen aos empregados municipais e traten de coñecer en que situación está a empresa pública que pagamos todos e todas, o noso Concello" explican os traballadores do Concello de Salceda nun comunicado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217