Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A Unión Deportiva Mos pon a rodar a pelota en Semana Santa

O club mosense é organizador e anfitrión do primeiro Torneo Internacional de Fútbol Base “INTERNATIONAL MOS CUP”

Terá lugar os próximos días 18,19 e 20 de Abril no campo municipal de fútbol As Baloutas, situado no polígono industrial da Veigadaña, Mos. Á cita acudirán nin máis nin menos que unha trintena de clubs, representando ás catro provincias galegas e ao Norte de Portugal. Estes clubs achegarán un total de 52 combinados que competirán en cada unha das categorías: Alevín Sub-12 o Xoves 18, Benxamín Sub-10 o Venres 19 e os Prebenxamíns Sub-8 o sábado día 20.

 

Ao longo dos tres días, 800 xogadores pisarán o céspede de As Baloutas. E virán acompañados de máis de 2.000 persoas en calidade de adestradores, pais, familiares e afeccionados. Sen dúbida unha gran oportunidade para darse a coñecer.

 

Visitarán campo de fútbol das Baloutas xentes de sitios tan dispares como Vila Praia de Áncora en Portugal, Ribadeo (Lugo), Santa Uxía de Ribeira (A Coruña), A Estrada (Pontevedra), Velle (Ourense) e unha vintena de lugares máis repartidos por toda a xeografía galega e portuguesa.

 

Cristian Taibo, en calidade de organizador do evento, conta que o torneo xorde da experiencia lograda nos anos anteriores noutro tipo de competicións: “fomos sede de numerosos campionatos e fases finais da federación, nunca organizaramos algo en semana santa pois hai unha chea de torneos por todos lados… pero vimos que nós podiamos montar algo bonito, e fomos a por iso. Este ano é o primeiro de moitos, e queremos crecer paulatinamente tanto en número de participantes como na variedade xeográfica dos clubs, que sexa un dos torneos de fútbol base de referencia no sur de Galicia”.

 

Os clubs participantes son os seguintes:

  1. Union Deportiva Mos
  2. Salgueiriños CF
  3. Ancora Praia FC
  4. Portero 2000
  5. Arosa SC
  6. SD Ribadeo / Barres CF
  7. CD Velle
  8. Escola A Estrada FB
  9. AD Bosco Ourense
  10. Atlético de Riveira
  11. Escola de Fútbol Denis Suarez
  12. Cristo de la Victoria SD
  13. Desportivo Monçao
  14. Atlético Cuntis
  15. EFB A Moañesa
  16. CD Caldelas
  17. ED Salvaterra
  18. Cultural Areas
  19. Arbo CF
  20. AD Vila Do Corpus
  21. Mondariz FC
  22. Sardoma CF
  23. UD Ribera
  24. Club Rápido Bouzas
  25. Tyde FC
  26. UD Atios
  27. Racing Vilariño
  28. EFB Cangas
  29. UVCD Candeán
  30. UD Santa Mariña

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.