Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 16 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos suma unha nova veciña centenaria

Dolores Lorenzo celebrou o pasado domingo o seu 100 aniversario na compaña de 60 familiares

A mosense Dolores Lorenzo Alonso celebrou o pasado domingo, 14 de abril, o seu 100 aniversario rodeada de 60 persoas entre irmás, fillos, sobriños, netos e bisnetos. Entre os asistentes tamén se atopaba a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.


Ademais onte tamén lle fixeron unha celebración polos 100 anos no centro de día ao que asiste diariamente dende fai 5 anos.


Dolores naceu un 14 de abril de 1919 na parroquia de Cela, en Atín-Sequeiros, e traballou ata os 68 anos no campo e de xornaleira; incluso ía ao xornal ao Porriño.


Tivo dous fillos e continuou vivindo en Cela ata fai 28 anos, cando se trasladou a Pereiras á casa do seu fillo máis novo, Jorge Lorenzo, e a súa nora, Flora Pérez Ucha. En Cela viviu, xunto cos seus fillos Manuel e Jorge (sendo estes pequenos), cunha tía materna solteira.


Actualmente os fillos de Dolores teñen xa 73 anos –Manuel Lorenzo Alonso- e 70 anos –Jorge Lorenzo Alonso-. E Dolores conta con 7 netos, 3 fillos de Jorge e 4 de Manuel, e 8 bisnetos.


Durante a celebración do pasado domingo tamén estiveron presentes as súas irmás, Emilia Lorenzo de 90 anos, e Dora Lorenzo de 87 anos. Eran en total 7 irmáns pero Dolores, Emilia e Dora son as tres que aínda viven, posto que os outros 4 faleceron.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.