Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 20 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Xunta pon en servizo a senda que comunica as praias da Ladeira e Santa Marta

A actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade consistiu no acondicionamento a contorna dun itinerario paralelo á estrada PO-552 e na substitución da deteriorada pasarela que forma parte do paseo marítimo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade puxo esta semana en servizo a senda que comunica o paseo marítimo da praia da Ladeira e a praia de Santa Marta, no Concello de Baiona, cuxas obras foron adxudicadas por 438.000 euros.

 

O departamento de Infraestruturas da Xunta rematou estes traballos de acondicionamento dun itinerario paralelo á estrada PO-552, onde acometeu a substitución da deteriorada pasarela que forma parte do paseo marítimo de Baiona, que por mor das condicións meteorolóxicas ten sufrido danos en diversas ocasións.

 

Nesta obra os traballos comezaron nos 60 metros anteriores á pasarela de madeira, co obxectivo de acadar unha lixeira ampliación do ancho do paseo, que agora acada os 4,5 metros ao reducirse en medio metro a zona axardinada. Ampliouse a zona destinada ao tránsito peonil e habilitouse unha banda diferenciada de 2 metros para a circulación de ciclistas, instalando neste tramo novo alumeado.

 

 

 

 

Nos 60 metros anteriores á pasarela de madeira, ampliouse a zona destinada ao tránsito peonil e habilitouse unha banda diferenciada de 2 metros para a circulación de ciclistas, instalando neste tramo novo alumeado

 

 

 

 

Destaca tamén nesta intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta a reposición e ampliación da sección da vella pasarela de madeira do paseo marítimo. Trátase dunha nova infraestrutura de táboas de madeira de pino tratado, que amplía o seu ancho ata os 4,5 metros, fronte aos 3 metros de ancho que tiña anteriormente.

 

Xa no último tramo, na transición entre a pasarela e o paseo marítimo actual, a zona destinada á circulación de ciclistas sinalase cun tratamento superficial, co obxectivo de diferenciala da correspondente ao tránsito peonil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.